Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 31 de xullo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 347 de clasificación do monte Inxerio, pertencente á parroquia de Mercurín, concello de Ordes.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 347 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Inxerio.

Comunidade: parroquia de Mercurín.

Concello: Ordes.

Superficie: 99,45 Ha.

Lindeiros:

É o monte Mercurín, nº 223-D do C.U.P.

Norte: predios particulares de veciños de Pepín e Perra, do piquete nº 50 ó 52 de deslindamento, seguindo a orde de piquetes.

Leste: predios particulares de veciños de Pena e Mañufe, seguindo en parte o camiño de Lesta a Mesón do Bento, do piquete nº 52 ó 1, e deste ó 19 seguindo a orde de piquetes.

Sur: predios particulares de veciños de Mañufe, seguindo en parte o camiño de Lesta a Mesón do Bento, un camiño de servicio do monte, e o Rego da Pena da Loba, do piquete nº 19 ó 32 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: parroquia de Lesta, do piquete nº 32 ó 50 seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 31 de xullo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 31 de xullo de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor

7001