Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de adecuación de dependencias e construcción de piscina para a Escola Galega de Mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, San Caetano 5-2º, Santiago de Compostela.

2. Obxecto: contratación das obras de adecuación de dependencias e construcción de piscina para a Escola Galega de Mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

3. Orzamento de licitación: dezasete millóns seiscentas oitenta e tres mil cincocentas catorce pesetas (17.683.514 ptas.), impostos incluídos.

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Documentos de interese: o proxecto e pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na seguinte dirección: r/ Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela (A Coruña). Tfno.: (981) 58 89 38.

6. Prazo e presentación de propostas: as proposicións presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

7. Apertura de proposicións: será pública e será realizada pola mesa de contratación nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do

seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

8. Garantía provisional: 353.670 ptas.

9. Garantía definitiva: 707.341 ptas.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1997.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

6890