Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia poxa, con procedemento aberto, para a execución das obras comprendidas no proxecto de reparación e pintado de fachadas do bloque C do grupo de vivendas Nosa Señora do Carme.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: 097/57.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reparación e pintado de fachadas do bloque C do grupo de vivendas Nosa Señora do Carme.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 14.814.089 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 296.283 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica e Documentación administrativa) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reparación e pintado de fachadas do bloque C do grupo de vivendas Nosa Señora do Carme».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 8 de setembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7199