Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se anuncia a adxudicación, polo procedemento aberto, dun contrato de traballos específicos e concretos non habituais, consistente na implantación de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no Laboratorio de Consumo de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C-97010.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: traballos específicos e concretos non habituais.

Descrición do obxecto: realización dos traballos específicos e concretos non habituais consistentes na implantación de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 7 de xullo de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns novecentas mil pesetas (9.900.000 ptas.).

5. Adxudicación.

Contratista: Mª Jesús Lorenzo Lorenzo.

Importe total: nove millóns novecentas mil pesetas (9.900.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

7197