Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente do campus universitario de Marcosende. (Expediente 4461/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 18 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente o plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente do campus universitario de Marcosende redactado polos arquitectos Santos Zas e Penela Fernández.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 9 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde