Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 003-EOL).

Para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto á información pública a solicitude da empresa Eurovento, S.L., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, da instalación do parque eólico O Vicedo coas seguintes características:

Peticionario: Eurovento, S.L., rúa Galeras, 17-3º, oficina 3, Santiago de Compostela 15705.

Situación: concellos do Vicedo e Viveiro.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V (606.100, 4.840.200); V (607.200, 4.840.200). V (607.800, 4.838.000); V (609.000, 4.838.000). V (609.000, 4.836.000); V (607.800, 4.836.000).

Características técnicas principais: 41 aeroxeradores de potencia unitaria 600 kW cunha potencia

total que se vai instalar de 24,6 MW. 13 transformadores de potencia nominal unitaria 2000 kVA e 1 de 1600 kVA, coas súas correspondentes liñas eléctricas de interconexión.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas obxeccións ou oposición a este, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial en rúa Pascual Veiga, 12-14, Lugo 27071, ou en calquera das formas e lugares recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 10 de setembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7198