Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de obra para a descontaminación dun solo contaminado por lindano situado no polígono das Gándaras, no Porriño (fase final).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 24/1997.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución da obra de descontaminación dun solo contaminado por lindano situado no Polígono das Gándaras, no Porriño.

Lugar de execución: O Porriño.

Prazo de execución: 9 meses computados desde o día seguinte desde o día seguinte ó da comprobación do replanteo.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 88.492.800 pesetas que se executarán do seguinte modo:

Ano 1997: 42.992.800 pesetas.

Ano 1998: 45.500.000 pesetas.

Garantías.

Provisional: non se esixe.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Telefax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): grupo A, subgrupo 1, categoría d.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde ó día seguinte a da publicación do anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

Apertura de ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce trinta.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral de la Consellería de

Industria y Comercio

7200