Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997 pola que se anuncian, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, as seguintes contratacións: obra do proxecto básico e de execución para o acondicionamento interior da ala dereita do edificio San Paio-Tui (Pontevedra); subministración da decoración e amoblamento da Casa da Viúva-A Gudiña (Ourense), e amoblamento e decoración interior do edificio San Paio-Tui (Pontevedra).

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia as contratacións seguintes:

-Obra do proxecto básico e de execución para o acondicionamento interior da ala dereita do edificio San Paio-Tui (Pontevedra).

Orzamento de licitación: trinta e un millóns seiscentas corenta e dúas mil setecentas noventa e sete pesetas (31.642.797 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 6, categoría e.

-Decoración e amoblamento da Casa da Viúva-A Gudiña (Ourense).

Orzamento de licitación: trinta e sete millóns cento once mil oitocentas corenta e cinco pesetas (37.111.845 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Fianza provisional: setecentas corenta e dúas mil duascentas trinta e sete pesetas (742.237 ptas.).

-Amoblamento e decoración interior do edificio San Paio-Tui (Pontevedra).

Orzamento de licitación: quince millóns cento noventa e catro mil trescentas noventa e tres pesetas (15.194.393 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Fianza provisional: trescentas tres mil oitocentas oitenta e oito pesetas (303.888 ptas.).

Exposicións dos pregos: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación, deberán achegar tódolos sobres para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

7043