Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de agosto de 1997 pola que se prorroga a vixencia da do 21 de febreiro de 1995 pola que se regulan as axudas financeiras ás asociacións e organizacións empresariais pesqueiras e marisqueiras.

A Orde do 21 de febreiro de 1995, pola que se regulan as axudas financeiras ás asociacións e organizacións empresariais, pesqueiras e marisqueiras, publicada no DOG nº 66, do 4 de abril de 1995, foi prorrogada pola Orde do 22 de decembro de 1995, DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1996; e co obxecto de continuar na mesma liña de apoio a este tipo de accións, por ser necesarias, co fin de contribuír ó fomento do asociacionismo, polas facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Prórroga da orde.

Prorrógase a vixencia da Orde do 21 de febreiro de 1995 pola que se regulan as axudas financeiras ás asociacións e organizacións empresariais pesqueiras e marisqueiras.

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.615.B.470.0 -regulación de mercados pesqueiros- dos vixentes orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Artigo 2º.-Solicitudes.

As solicitudes presentaranse de acordo co modelo que como anexo I se publica con esta orde, xunto coa documentación, e de acordo cos condicionamentos e requisitos que se esixen na orde que se prorroga, relativos ó exercicio 1997.

Artigo 3º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir da entrada en vigor desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7186