Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto polo artigo 103.2º da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública a proposta de reparcelación voluntaria formalizada en escritura pública, e outorgada por tódolos propietarios da unidade delimitada nos terreos que dan fronte á praza de Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses).

Durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

6907