Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 28 de xullo de 1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle de integración paisaxística do cuarteirón delimitado polas rúas Rosalía de Castro, Montero Ríos e Rapa da Folla (Tras do Pilar), promovido por Monteviejo Inversiones Inmobiliarias, S.L. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do citado estudio de detalle, para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Edicto.

No Rexistro da Propiedade aparecen como propietarios dalgunhas das parcelas afectadas os seguintes:

José Meijome Peralta e Ramona Pérez Morón.

Antonio Blanco Troiteiro e Carmen Sanmartín Pérez.

Rosario Méndez Prado.

Antonio e Purificación Porto Pazos.

Carmen Vidal.

Por descoñecerse o paradoiro dos propietarios sinalados e ser imposible practica-la preceptiva notificación nos seus respectivos domicilios, publícase este edicto, para que lles sirva de citación en forma legal, de conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7162