Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

EDICTO.

Aprobado polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de agosto de 1997, o escudo heráldico municipal, así como a bandeira, co seguinte brasón:

Escudo municipal: de gules (vermello), a cruz de San Xoán de prata (branca), mantelado de azur (azul) con dúas torres de ouro (amarelo), unha en cada mantel. Ó timbre, coroa real pechada.

Bandeira: vermella coa cruz de San Xoán de branco. Terciado a hasta de azul con dúas torres de amarelo.

Sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto

258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Gumersindo Rodríguez Liz

Alcalde-presidente

7156