Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente mediante concurso, da subministración de equipos informáticos diversos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración de equipos informáticos diversos.

I. Obxecto e orzamento: a subministración de equipos informáticos diversos, por un orzamento máximo de 13.000.000 de pesetas (IVE incluído).

II. Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doctor Severo Ochoa, s/n 27004 Lugo. Teléfono (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

IV. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas sesenta mil pesetas (260.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos nos artigo 18 da Lei

13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación: non se precisa.

VIII. Criterios de adxudicación:

-Prezo ata 5 puntos.

-Calidade ata 4 puntos.

-Prazo de entrega ata 3 puntos.

IX. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

X. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-las data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 1 de setembro de 1997.

Luis E. Vicente Sánchez

Director-xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

7148