Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento exterior do cemiterio de San Amaro.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: sección de contratación de obras.

b) Número de expediente: O97/54.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento exterior do cemiterio de San Amaro.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 10.772.392 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 215.448 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica e documentación administrativa) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento exterior do cemiterio de San Amaro».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de setembro de 1997.

O Alcalde

P.D.

Rubricado

7147