Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de próteses traumatoloxía e complementos, tramitación ordinaria.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111,

do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de próteses traumatoloxía e complementos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, servicio de subministracións, estrada de San Pedro, sen número, E-15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: (981) 33 40 32. Fax: (981) 33 40 84.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso plurianual, procedemento aberto e ordinario.

3. a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración.

b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV: 33101790. Expediente: CP 17/97. Título: próteses traumatoloxía e complementos. Próteses cadeira (14 unidades). Próteses xeonllo (11 unidades). Cemento (40 unidades). Importe total: 73.090.000 pesetas (IVE incluído).

c) División en lotes: posibilidade de licitar á totalidade ou a un ou máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega: segundo se indica no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Solicitude da documentación: véxase o punto 3.a).

b) Data límite de solicitude: 20 de outubro de 1997.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: (catorce horas) 27 de outubro de 1997.

b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.

c) Idiomas: castelán e galego.

7.a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, sala de xuntas, ás dez horas do día 7 de novembro de 1997.

8. Fianzas e garantías: fianza provisional: 2 por 100 do orzamento máximo de licitación ou de cada lote.

9. Modalidades de financiamento e pagamento: por cada remesa do material e sucesivas.

10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: pódense presentar variantes, así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15. Información adicional: véxase o punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 3 de setembro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio:

Ferrol, 27 de agosto de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

7164