Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición dunha furgoneta nova para o transporte do correo e da paquetería do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1 e 79.1 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no BOE nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio:

Concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición dunha furgoneta nova para o transporte do correo e da paquetería do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 3/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: procedemento aberto para a adquisición dunha furgoneta nova para o transporte do correo e da paquetería do Parlamento de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: unha.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: será recollido por persoal da Administración parlamentaria en Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: o sinalado nas ofertas, que non poderá exceder do mes a partir da data de notificación da adxudicación do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento do contrato.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado o próximo día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa VII do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOP nº 674, do 13 de xuño de 1997.

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de ofertas.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Outras informacións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

6704