Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 1DP/97, que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22-5-1996, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, tendo en conta tamén a autorización do director xeral de Recursos Económicos do 25-2-1997, e para dar cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, rúa Durán Loriga, 3.

c) Número de expediente: 1DP/97.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lotes:

1. Empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x90.

2. Absorbente incontinencia anatómico día.

3. Absorbente incontinencia anatómico súper noite.

4. Absorbente incontinencia anatómico super noite con elásticos: 1) Talla grande; 2) Talla pequena.

5. Absorbente incontinencia anatómico día con elásticos. Talla pequena.

c) Anuncio de licitación publicada no BOE número 70, do 22 de marzo de 1997, e no DOG número 69, do 11 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: setenta e cinco millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (75.650.000 ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicacións:

a) Data: 11 de xuño de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 1, 2, 3 e 5: Mölnlycke, S.A., Apdo. 279, estrada N-II, km 27,500, Alcalá de Henares (Madrid).

Lote 4 (4.1 e 4.2): I.D. Médica España, S.A., Pza. Tirant L o Blanc, 3-6º-1ª-A, 08005 Barcelona.

c) Nacionalidades: españolas.

d) Importe da adxudicación. 65.291.620 ptas.

Lote 1: 10.102.400 ptas.

Lote 2: 7.800.300 ptas.

Lote 3: 25.525.920 ptas.

Lote 4: 20.793.000 ptas.

Lote 5: 1.070.000 ptas.

A Coruña, 8 de xullo de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

7165