Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 1 de agosto de 1997 pola que se notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, do 7 de marzo de 1997, á empresa Seguridad 12 S.L. por ser devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Seguridad 12 S.L. o laudo arbitral dictado, o día 7 de marzo de 1997, polo colexio arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Mª Carmen Rodríguez Ríos contra a devandita empresa.

Empresa: Seguridad 12 S.L.

Enderezo: estrada de Castela, 229-231 Ferrol.

Reclamante: Mª Carmen Rodríguez Ríos.

Laudo:

«O colexio arbitral entrando no estudio da solicitude de arbitraxe e segundo o seu leal saber e entender pronunciou o seguinte laudo:

Considérase a reclamación presentada por Mª Carmen Rodríguez Ríos por quedar demostrado que as portas e picaportes instaladas no domicilio da reclamante non reúnen as condicións óptimas de calidade esixibles nestes casos.

Polo cal, á empresa reclamada se lle esixe a reparación ou substitución das portas e picaportes obxecto da denuncia.

O dito laudo foi adoptado por unanimidade.

O prazo para o cumprimento deste laudo é de 15 días a partir da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe».

Dentro dos cinco días seguintes ó da notificación poderá pedirlle ó colexio arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclare algún concepto escuro ou omisión do laudo.

A Coruña, 1 de agosto de 1997.

Carlos Rodríguez Montero

Secretario do Colexio Arbitral de Consumo de Galicia

6829