Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución de expediente sancionador 15-076/96, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a proposta de resolución do expediente número 15-076/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado, dándolle un prazo de quince días para formular alegacións, e presentar documentos e informacións que se consideren pertinentes ante a instructora do procedemento.

Expediente: 15-076/96.

Inculpado: Rennye Jeans, Marleny Abril Pérez.

Domicilio: rúa Santiago de Chile, s/n, Santiago de Compostela.

Motivos: artigos en liquidación sen autorización.

Data de proposta de resolución: 7-3-1997.

A Coruña, 4 de xullo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6720