Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-074/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente número 15-074/97, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións ou informacións considere convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-074/97.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Avda. dos Caídos, 185, A Coruña.

Motivos: publicidade enganosa.

Data da iniciación: 23-4-1997.

A Coruña, 4 de xullo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6719