De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente número 15-116/97, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a aportación de cantas alegacións ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-116/97.
Inculpado: Tintorería Rivetint.
Domicilio: rúa Rafael Alberti, 3-B, A Coruña.
Motivos: irregularidades na extensión dun recibo.
Data da iniciación: 4-4-1997.
A Coruña, 4 de xullo de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6721