Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de consultoría e asistencia técnica polo sistema de procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: organización e montaxe das casetas institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos certames feriais Alimentaria 98', European Seafood Exposition 98' e Sial 98'.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de execución:

-Alimentaria 98': (Barcelona, España, do 2 ó 6 de marzo de 1998).

-European Seafood Exposition 98': (Bruxelas, Bélxica, do 28 ó 30 de abril de 1998).

-Salón Internacional da Alimentación (Sial) 98': (París, Francia, do 18 ó 22 de outubro de 1998).

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do derradeiro certame no caso da totalidade, e desde a data de iniciación ata as corenta e oito (48) horas seguintes ó da clausura de cada un dos certames no caso dos prazos parciais de execución.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 70.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Tfo.: (981) 54 63 04; Fax: (981) 54 62 90) ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, con anterioridade ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupos 3 e 8, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: 16 de outubro de 1997.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: o establecido no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ás dez (10) horas do día 22 de outubro de 1997.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 25 de agosto de 1997.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

7171