A) Obra.
1. Abastecemento de auga á parroquia de Valencia (Coristanco-A Coruña).
Clave: OH.215.413.
Orzamento: corenta e nove millóns novecentas oitenta e cinco mil novecentas oitenta e tres pesetas (49.985.983).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
2. Abastecemento de auga a Veríns, segunda fase (Irixoa-A Coruña).
Clave: OH.215.415.
Orzamento: dezanove millóns cento corenta e catro mil cincocentas sesenta e cinco pesetas (19.144.565).
Prazo de execución: 8 meses.
Clasificación: non se esixe.
Fianza provisional: 382.891 ptas.
3. Abastecemento de auga a Balboa (Trabada-Lugo).
Clave: OH.227.274.
Orzamento: dezaseis millóns cento oitenta e unha mil seiscentas noventa e seis pesetas (16.181.696).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe.
Fianza provisional: 323.634 ptas.
4. Abastecemento a Balonga (Pol-Lugo).
Clave: OH.227.273.
Orzamento: trinta e seis millóns oitocentas mil pesetas (36.800.000).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á dis
posición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia
7157