Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobral-Santo André de Xeve.
Situación: concello de Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos, desde o apoio s/n da L.M.T. ó C.T.
de Couso-Xeve, rematando no C.T. que se proxecta en Sobral-Santo André de Xeve, concello de Pontevedra. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aérea de 118 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 12 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7050