Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Oubiña.
Situación: concellos de Cambados e Ribadumia.
Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 20 kV, A L.M.T. aérea de 532 m de lonxitude con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón, desde o apoio n.73 da L28.02 Carolinas-Cambados, rematando no C.T. que se proxecta de Oubiña, concellos de Cambados e Ribadumia. A L.M.T. subterránea de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, a aérea de 359 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. A rede de B.T. subterránea de 90 m de lonxitude con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 11 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6741