Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: desvío L.M.T. a C.T. Vilariño-Marcosende.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, desde o apoio n.20 da actual L.M.T. desde o que se realiza a derivación ó C.T. de Vilariño, rematando no apoio existente n.3 da L.M.T. actual o C.T. de Vilariño, concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 11 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6742