Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Atlántico.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Atlántico, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 3-7-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xullo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio da empresa Hotel Atlántico

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta o persoal que forma o cadro do Hotel Atlántico situado na cidade da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 e finalizará o 31 de decembro de 1997.

Artigo 3º.-Denuncia.

Poderá ser denunciado por calquera das partes cun mes de antelación, como mínimo, á data do seu vencemento. Se non fose denunciado, incrementaranse tódolos conceptos econóimcos de acordo co IPC + 1 punto (certificado polo INE).

Artigo 4º.-Modalidade retributiva.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun soldo base, consonte as distintas categorías profesionais, ó que se lle sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimida a porcentaxe de servicio que rexía nesta actividade.

Artigo 5º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance, nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 6º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional que se establece no presente convenio é meramente enunciativa e non está, polo tanto, obrigada a empresa a ter cubertas tódalas categorías, mentres os servicios o requiran.

Dada a existencia na empresa dalgunhas actividades que non foron recollidas na ordenanza laboral, establécese a definición das seguintes categorías laborais:

Director: é quen, con título e poderes adecuados, asume a dirección e responsabilidade na empresa,

de acordo co estipulado no Estatuto de directores de establecementos turísticos.

Subdirector: é o empregado que, baixo as ordes do director, asiste a este nas súas funcións e o substitúe nos casos de ausencia e enfermidade.

Xefe de persoal: é quen, baixo a dependencia do director e en estreita colaboración con el, se encarga do control do persoal, salarios, liquidacións da Seguridade Social e todo o derivado das relacións entre empresa e empregados.

Xefe de inmobles: é o xefe superior do que dependen os servicios de seguridade e hixiene, obras novas e, en xeral, todo o referente a mantemento do edificio, maquinaria e ferramenta deste, e coordina tales servicios, con iniciativa propia, dentro das normas dictadas pola dirección da empresa.

Administrador-contable: é o empregado que, dependente da dirección e provisto ou non de poderes, posuíndo a titulación adecuada e unha sólida experiencia administrativa, contable e fiscal, ten a responsabilidade do funcionamento deste servicio, coa correspondente colaboración de oficiais, auxiliares e calquera outro tipo de persoal administrativo de oficina.

Respecto do resto das categorías que figuran expresamente neste convenio, haberá que aterse ó sinalado no actual acordo de ámbito estatal para o sector de hostelería.

Artigo 7º.-Niveis ocupacionais.

Tódalas categorías profesionais representadas polos empregados afectos a este convenio se adscribirán conforme os seguintes niveis ocupacionais:

-Nivel 0. Director.

-Nivel 1. Subdirector.

-Nivel 2. Xefe de persoal.

-Nivel 3. Xefe de inmobles.

-Nivel 4. Administrador-contable.

-Nivel 5. Xefe de recepción.

Xefe de comedor.

Xefe de sala.

-Nivel 6. Xefe de servicios técnicos.

Primeiro conserxe.

Gobernante xeral.

2º xefe de recepción.

Caixeiro xeral.

Xefe de economato e adega.

Encargado de sauna.

Encargado de discoteca.

-Nivel 7. Segundo conserxe.

Contable.

Xefe de sector.

Xefe de partida.

-Nivel 8. Recepcionista.

Conserxe de noite.

Gobernante.

Encargado de lavandería e lencería.

Oficial de contabilidade.

Camareiro.

Cociñeiro.

Cafeteiro.

Telefonista de 1ª.

Disc-jockey.

-Nivel 9. Telefonista de 2ª.

Auxiliar de recepción.

Aux. de oficina maior de 21 anos.

Gobernante de 2ª.

Encargado de lencería.

Encargado de limpeza.

Mecánico ou calefactor.

-Nivel 10. Axudante de camareiro.

Axudante de cociñeiro.

Mozo de equipaxes.

Porteiro de servicio.

Axudante de economato e adega.

Mozo de habitación.

Costureira-lavandeira-pranchadora.

Limpador.

Mozo de limpeza.

Mozo de lavandería.

Fregador.

Vixilante de noite.

Ordenanza.

Camareiro de pisos.

-Nivel 11. Mozo dos recados, maior de 18 anos.

-Nivel 12. Aprendices 3º ano.

-Nivel 13. Aprendices 2º ano.

Mozo dos recados menor de 18 anos.

-Nivel 14. Aprendices 1º ano.

O persoal definido nos niveis 0, 1, 2, 3 e 4 poderá percibir, ademais dos salarios fixados no artigo seguinte, un complemento salarial, o cal, dada a súa peculiar responsabilidade e por tratarse dunha relación laboral de carácter especial, considerada no artigo 2.1º do Estatuto dos traballadores, será fixado de común acordo coa empresa. Esta, ademais, poderá gratificar a calquera empregado cun plus especial, se o considera procedente.

No suposto de existencia dunha reclamación de clasificación profesional, a dirección, antes de resolvela, requirirá o informe dos representantes dos traballadores.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada categoría profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel, que serán as seguintes:

Nivel 0: trescentas sesenta e sete mil catrocentas cincuenta e seis ptas. mensuais (367.456).

Nivel 1: dúascentas vinte mil trescentas cincuenta e dúas ptas. mensuais (220.352).

Nivel 2: duascentas sete mil novecentas corenta e dúas ptas. (207.942).

Nivel 3: cento noventa e dúas mil cincocentas oitenta e dúas ptas. mensuais (192.582).

Nivel 4: cento sesenta e unha mil cincocentas noventa e cinco ptas. mensuais (161.595).

Nivel 5: cento vinteoito mil cento corenta e tres ptas. mensuais (128.143).

Nivel 6: cento vinteseis mil oitocentas sesenta ptas. mensuais (126.860).

Nivel 7: cento dezaseis mil seiscentas oitenta e unha ptas. mensuais (116.681).

Nivel 8: cento nove mil oitocentas vintecatro ptas. mensuais (109.824).

Nivel 9: cento dúas mil cento setenta ptas. mensuais (102.170).

Nivel 10: noventa e oito mil sesenta e oito ptas. mensuais (98.068).

Nivel 11: oitenta e nove mil setecentas sesenta e seis ptas. mensuais (89.766).

Nivel 12: setenta e nove mil cento trece ptas. mensuais (79.113).

Nivel 13: sesenta e oito mil catrocentas corenta e oito ptas. mensuais (68.448).

Nivel 14: cincuenta e sete mil oitocentas vinte ptas. mensuais (57.820).

Artigo 9º.-Manutención.

A partir do 1º de xaneiro de 1996, só terán dereito a manutención, como complemento salarial en especie, con cargo á empresa e durante as horas que presten servicio aqueles empregados que, o 31 de decembro de 1995, estivesen exercendo tal dereito.

Para o resto do persoal que, con dereito a manutención, renuncia a esta, seralle substituída, con cargo á empresa, pola cantidade mensual de pesetas seis mil oitocentas cincuenta e sete: (6.857).

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considérase tamén incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento daquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28-2-1974.

Artigo 11º.-Plus de asistencia.

Queda establecida a percepción deste plus, na contía mensual de cinco mil trescentas noventa e dúas ptas. (5.392). Perderase o importe correspondente a un día deste plus por cada xornada de traballo.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

O persoal afecto ó presente convenio percibirá, en compensación por gastos de transporte, a cantidade mensual de oito mil cincocentas trinta e nove ptas. (8.539). En caso de inasistencia, este plus percibirase proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 13º.-Aumentos por antigüidade.

Os complementos salariais por antigüidade, establécense de acordo coa seguinte escala:

4% sobre o salario do artigo 8, ó cumprir tres anos de servicio efectivo na empresa.

9% ó cumprir seis anos.

17% ó cumprir nove anos.

29% ó cumprir catorce anos.

41% ó cumprir dezanove anos.

48% ó cumprir vintecatro anos de servicio.

50% ó cumprir vintecinco anos de servicio, data a partir da cal se incrementará nun 2% anual, ata o límite de 40 anos de servicio (80%).

A data inicial para a determinación de antigüidade será a do ingreso na empresa, aínda que cambie, por ascenso ou por calquera outro motivo, de categoría laboral.

Os premios por antigüidade para o persoal do que a data de ingreso na empresa sexa posterior ó 1-1-1987, quedarán establecidos por trienios, a

razón de dúas mil setecentas corenta e dúas ptas. (2.742).

Esta última cantidade será revisada co resto das condicións económicas do convenio.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio, aboaranse tres gratificacións extraordinarias, de trinta días cada unha, nos meses de xullo, setembro e decembro, constituídas polos salarios establecidos no artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso.

O persoal que se atope cumprindo o servicio militar percibirá, mentres se atope en tal situación, estas pagas extraordinarias en razón de quince días.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afecto ó presente convenio será de trinta días naturais por ano.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non recuperables legalmente establecidos.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborais, con opción, por parte da empresa, para poder substituílos por pagamento en metálico co fin de mante-lo normal funcionamento desta. A substitución en metálico será a que lle corresponda ó traballador polo seu salario real.

Negociarase anualmente co comité de empresa un calendario anual de vacacións.

En caso de que, por calquera circunstancia, non se puidesen desfruta-las vacacións no período establecido, o citado comité negociará coa empresa o seu desfrute noutra data, establecendo como tope o segundo mes do ano seguinte.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada laboral ordinaria será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

Esta xornada deberá ser continuada nos departamentos de recepción-conserxería, teléfono, pisos, lencería, administración-contabilidade e servicio técnico.

Elaborarase anualmente un calendario de xornada e descansos, negociado entre o comité e a empresa. O dito calendario deberá estar elaborado e exposto no taboleiro de anuncios antes do día 15 de xaneiro de cada ano.

Calquera modificación deste efectuarase co consenso do comité de empresa.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

A indemnización para o persoal que contraia matrimonio e rescinda contrato de traballo por tal

causa, consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio á empresa, cun máximo de seis, composta polo salario que figura no artigo 8º, segundo a súa categoría profesional, incrementado coa antigüidade que lle corresponda.

O persoal que leve máis de dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio e continúe nela, percibirá, en concepto de dote, unha mensualidade que comprenderá a retribución do salario que lle corresponda pola súa categoría laboral, maila antigüidade, se procede.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa duración que se expresa:

Matrimonio do traballador: 15 días.

Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

Parto da esposa: 4 días.

Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns: se é dentro da provincia, 1 día; se é fóra dela, 3 días.

Traslado de domicilio habitual: 1 día.

Libre disposición, non acumulable a vacacións: 2 días.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa de, polo menos, un ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, e concederase polo tempo solicitado, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

Reunirá o traballador as condicións seguintes:

A) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgaráselle no prazo dun mes a partir da petición.

B) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos.

C) O traballador que desexe reincorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data na que expire o prazo.

D) Perderá o dereito á reincorporación ó seu emprego todo aquel excedente que, en tal período de tempo, prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas comprendidas na ordenanza de traballo para as industrias de hostelería.

E) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel terá a

condición de interino, e causará baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorpora no prazo e condicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa, e adquiriría o interino a condición de fixo.

F) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poría fin ó que viñese desfrutando. Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer tal dereito.

G) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o seu mandato.

H) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de traballo de catro anos, polo menos, no servicio efectivo á empresa.

I) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os departamentos que se indican percibirán os seguintes importes mensuais:

Caixa xeral: 2.300 ptas.

Recepción: 2.500 ptas.

Bar, conserxería nocturna: 1.750 ptas.

Artigo 21º.-Pluses especiais.

O persoal que se especifica a seguir, por razón do desempeño do propio posto de traballo, percibirá os seguintes importes mensuais:

Xefe de servicio técnico: 3.623 ptas.

Mecánico ou calefactor: 2.401 ptas.

Conserxe de servicio nocturno: 12.047 ptas.

Vixilante de noite: 12.047 ptas.

As horas traballadas durante o período abranguido entre as dez da noite e as seis da mañá, agás que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terá un incremento do 25% sobre o salario base.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario establecido no artigo 8º, máis antigüidade e manutención. Así mesmo, percibirase o plus de asistencia na súa totalidade en caso de

accidente, intervención cirúrxica, hospitalización ou parto.

Estes complementos manteranse por un período máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, non se terán en conta para deducir días do período de vacacións.

Artigo 23º.-Xubilación-defunción.

Acórdase a xubilación obrigatoria ós sesenta e cinco anos de idade, sempre que o traballador teña cuberto o período de cotización que dá dereito a percibir da Seguridade Social a pensión correspondente.

Ó producirse o cesamento definitivo, por xubilación ou invalidez, entregaráselle ó empregado, como premio, a cantidade resultante de aplicar seis días de retribución total por cada ano de servicio á empresa.

Así mesmo, os empregados que, de forma voluntaria, adianten a súa xubilación á idade anteriormente estipulada, percibirán o citado premio, incrementado de acordo coa seguinte escala:

Xubilación ós sesenta anos: 120%.

Xubilación ós sesenta e un anos: 95%.

Xubilación ós sesenta e dous anos: 70%.

Xubilación ós sesenta e tres anos: 45%.

Xubilación ós sesenta e catro anos: 20%.

En caso de falecemento dun productor en activo, concederáselle á viúva, viúvo ou fillos (sempre e cando estes dependan economicamente do falecido), un auxilio de defunción que consistirá no aboamento de seis días de retribución total por cada ano de servicio á empresa, cun máximo de seis mensualidades.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

O prazo de aviso previo nos casos de cesamento voluntario dos traballadores será o seguinte:

Trinta días para empregados dos niveis 0, 1, 2, 3 e 4.

Vinte días para empregados dos niveis 5 e 6.

Dez días para o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias consideradas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Vixilancia. Interpretación e aplicación.

Por parte dos traballadores:

César Prado Castelo.

Luis López Carrón.

Jesús Castiñeira Castiñeira.

Juan José Souto Rodríguez.

Mª Luisa Iglesias Taboada.

Por parte da empresa:

A persoa ou persoas que se designen para o efecto.

Disposicións adicionais

Primeira.-Faise consta-lo seguinte:

A) Que o número de horas de traballo efectivo para tódolos empregados será de 1.793 horas, en cómputo anual.

B) Que as remuneracións anuais dos traballadores, en función do dito número de horas, son as que a seguir se relacionan, diferenciándoas por niveis salariais.

En nivel 0: 5.761.296

En nivel 1: 3.554.736

En nivel 2: 3.368.586

En nivel 3: 3.138.186

En nivel 4: 2.673.381

En nivel 5: 2.171.601

En nivel 6: 2.152.356

En nivel 7: 1.999.671

En nivel 8: 1.896.816

En nivel 9: 1.782.006

En nivel 10: 1.720.476

En nivel 11: 1.595.946

En nivel 12: 1.436.151

En nivel 13: 1.276.176

En nivel 14: 1.116.756

Segunda.-En todo o non estipulado, ou mesmo estándoo, neste convenio colectivo será de aplicación o convenio colectivo provincial de hostelería da provincia da Coruña, ou calquera outro que o substitúa.

Terceira.-O crédito horario previsto pola lexislación vixente para os comités de empresa, delegados de persoal ou seccións sindicais de empresa, poderá ser acumulado anualmente por un ou varios membros destes órganos, logo da cesión por escrito do interesado e comunicación á dirección de empresa.

En proba de conformidade por canto se deixa exposto, asinan:

Por parte da empresa:

José Luis Masián Barbo.

Por parte dos traballadores:

César Prado Castelo.

Luis López Carrón.

Jesús Castiñeira Castiñeira.

Juan José Souto Rodríguez.

Mª Luisa Iglesias Taboada.

5975