Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do comercio téxtil da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do comercio téxtil da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-7-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios do Comercio Téxtil da provincia da Coruña e, da parte social pola UXT, CC.OO. e CIG o día 30-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xullo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo comercio téxtil

Artigo 1º.-Ámbito funcional, persoal e territorial.

Afectará este convenio a tódalas empresas de comercio téxtil con centros de traballo situados nesta provincia, mesmo cando a súa sede central estivese domiciliada noutra.

Seralles tamén de aplicación ás empresas de nova creación.

Ampara este convenio os traballadores suxeitos á ordenanza laboral de comercio que presten os seus servicios nas empresas de comercio téxtil.

Será de aplicación exclusiva na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio terá unha vixencia de dous anos: entrará en vigor con efectos do 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decenbro de 1998.

O prazo de denuncia será de tres meses.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas actualmente nas distintas empresas, que impliquen situacións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas.

Artigo 5º.-Normas supletorias.

Considéranse normas supletorias deste convenio as legais de carácter xeral, o acordo marco de ámbito nacional para a substitución da ordenanza de comercio, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia e non vaia en contra do pactado neste convenio colectivo.

Artigo 6º.-Comisión paritara.

Constitúese unha comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do convenio, integrada polos seguinte vocais:

-Parte empresarial: tres representantes.

-Parte social: un representante de CC.OO., un representante da CIG e un representante de UXT.

Artigo 7º.-Táboas salariais.

Son as que figuran como anexo a este convenio e que supoñen un incremento salarial para o ano 1997 dun 3%. Para o ano 1998 acórdase un in cremento salarial do IPC previsto polo Goberno para 1998, máis un punto.

Se o IPC real o 31 de decembro de 1998 excedese do IPC previsto para ese ano e tomado como referencia para o incremento salarial, revisaranse automaticamente as táboas salariais na porcentaxe que o supere. Tal revisión non terá carácter retroactivo, servindo unicamente para actualización de salarios e de cara á negociación do convenio para 1999.

Artigo 8º.-Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade aboarase consonte o importe do cuadrienio fixado para cada grupo profesional nas táboas salariais anexas.

As cantidades que cada traballador veña cobrando ata a actualidade entenderanse consolidadas. Os traballadores que, a 31 de decembro de 1987, estivesen percibindo algún cuadrienio, percibirán ademais un complemento equivalente ó 3% do salario base do conveino de 1987 por cada cuadrienio devengado á dita data. A cantidade resultante quedará conxelada, mentres o traballador permaneza na empresa, como complemento de antigüidade inamovible (CAI).

Establécese unha limitación de 8 cuadrienios.

Para o ano 1998 o plus de antigüidade experimentará un incremento igual ó 90% do incremento salarial que se estableza a principios de ano.

O incremento por antigüidade non será nunca inferior ó 90% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento de salario.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, consistirá nunha mensualidade do salario base establecido mailo plus de antigüidade.

Estas gratificacións terán que ser aboadas antes de 25 de xullo, e a de decembro, non máis tarde do dito mes.

Artigo 10º.-Participación en beneficios.

As empresas aboarán anualmente e dentro do primeiro trimestre de cada ano, unha mensualidade máis antigüidade dos salarios pactados neste convenio, en concepto de participación dos traballadores nos beneficios da empresa.

Artigo 11º.-Socorro especial de defunción.

O cónxuxe, os descendentes, ascendentes ou irmáns, neste último caso se vivisen a expensas do traballador, cando falecese este estando en activo e levando como mínimo tres anos na empresa, terán dereito pola orde que se establece anteriormente, a dúas mensualidades compeltas dos haberes que viñese percibindo o traballador falecido. Este socorro substitúe o artigo 80 da ordenanza de comercio.

Artigo 12º.-Xubilación.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo ámbalas partes, se xubile anteriormente de forma voluntaria antes de cumpri-los 65 anos, terá dereito a percibir, por parte da empresa, unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó 100% da base reguladora esta

blecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprirse os 65 anos.

Percibirán ademais, no momento de xubilarse, un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos traballadores ós que a súa base de cotización lles permita xubilarse co 100% da base reguladora.

Artigo 13º.-Enfermidade e accidente.

As empresas aboaranlles ós traballadores que se atopen en situación de baixa por incapacidade temporal, e durante o tempo que dure tal situación os soldos e xornais íntegros, sen desconto ningún, mesmo no caso de substitución do traballador enfermo, agás as deduccións para cotizacións á Seguridade Social, etc., sempre que sexan de carácter obrigatorio.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte para axuda de gasto de desprazamento, aboable en 11 pagas, na cantidade de 8.590 ptas, mesnuais.

Artigo 15º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións retribuídas coa posibilidade de fraccionamento non superior a dous períodos salvo acordo entre traballador e empresa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. Procurarase que os traballadores desfruten das súas vacacións de forma rotatoria.

O traballador coñecerá as datas que lle corresponden 2 meses antes do comezo do desfrute, anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo. Enténdese que o traballador estará informado de tales datas coa simple exposición destas no citado taboleiro de anuncios.

Cando o traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das súas vacacións, ou ó aboamento económico delas.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A xornada máxima de traballo queda establecida en 40 horas semanais de promedio en cómputo anual. Se, como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior, se decretase a reducción da xornada, reducirase, nos termos que estableza a dita norma, a xornada establecida no presente convenio.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, cada empresa poderá realizar distribucións irregulares de xornada, respectando o número máximo diario de 9 horas e o descanso dominical dun día.

De acordo co establecido no artigo 6 do R.D. 1561/1995, sobre xornadas especiais de traballo, permítese a acumulación do medio día de descanso

semanal previsto no apartado 1º do artigo 37 do Estatuto dos traballadores por períodos de ata catro semanas, ou a súa separación respecto do correspondente ó día completo para o seu desfrute noutro día da semana.

No caso de que a xornada sexa superior a 6 horas continuadas, os traballadores desfrutarán dun tempo de descanso de 15 minutos que se considerarán de traballo efectivo.

Artigo 17º.-Seguro de invalidez ou morte por accidente de traballo.

As empresas cubrirán unha póliza de seguros que ampare os seguintes riscos:

-Morte

-Incapacidade absoluta total

O capital asegurado será de 3.000.000 (tres millóns) de pesetas por traballador.

As empresas que contratasen este seguro cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí considerados.

O incremento do capital asegurado respecto ó establecido no apartado anterior, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación oficial deste convenio colectivo.

Artigo 18º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1.-Comisión paritaria do convenio.

2.-Mecanismo do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselles acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, e observarán, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Artigo 19º.-Dereitos e garantías sindicais.

As empresas respectarán a normativa vixente nesta materia, en especial o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, a recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de tra

ballo, sen perturba-lo desenvolvemento normas do proceso productor da empresa. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Cota sindical.-A requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontaranlles na nómina do persoal, o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como da conta corrente do banco ou caixa de aforros á que debe ser transferida a cantidade retida.

As empresas efectuarán as devanditas detraccións, agás indicación en contrario, durante o período dun ano.

Excedencias.-Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que desenpeñase algún cargo público de relevancia provincial ou nacional en claquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á suá empresa se o solicitase no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño deste. Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo das súas exedencias, cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, salvo pacto individual en contrario.

Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior das empresas nas materias propias da súa representación, e publicar e distribuír, forá das horas de traballo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente ás empresas e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa vixente para tal efecto.

Disporán de crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine. Así mesmo, non computarán dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegado de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos, polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito da negociación referida.

Nas empresas de máis de 30 traballadores sen supera-lo máximo legal, poderán ser acumuladas as horas retribuídas das que dispoñen os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de facilita-la asistencia destes a cursos de formación ou outras entidades para iso, terán que comunicarllo á dirección da empresa, con oito días de antelación, ó inicio do mes no que se vaia produci-la acumulación de

horas. A empresa poderá negarse, se iso supón una alteración grave do réxime laboral desta.

Como norma complementaria e supletoria, haberá que aterse o disposto nesta metaria polo Estatuto dos traballadores.

Participación nas negociacións de convenios colectivos. Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio, implantadas estatalmente e que participan nas comisións negociadoras dos convenios colectivos mantendo a súa vinculación cos traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos destas, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da devandita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Funcións do comité de empresa. Deberán ser informados con carácter previo á sua execución pola empresa, sobre a reestructuración do cadro de persoal e as modificacións de xornada, sobre o traslado parcial ou total das instalacións empresariais, e sobre os plans de formación profesional das empresas.

Deberán ser informados tamén:

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

-O empresario facilitará o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente se utilicen.

-Sobre sancións impostas por faltas moi graves, en especial en supostos de despedimento.

-Exercer labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e usos da empresa en vigor.

2. AS condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

3. Colaborar coa dirección para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da producitividade na empresa.

4. Velar porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente e os principios de non discriminación, igualdade de sexo e política nacional de emprego.

Garantías.-Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogacion ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra san

ción por supostas faltas graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que deberán ser oídos, á parte do interesado, os demais representantes dos traballadores, se os houber.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais, os traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas, atendendo ás circunstancias e dimensións das empresas.

En función da unidade de contratación na que se atopen comprendidas nas empresas que aleguen as ditas circunstancias, deberán presentar ante a representación dos traballadores a documentación previsa (balance, contas de resultados) e, se é o caso, informe de auditores ou censores de contas que xustifiquen un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de vintecinco traballadores e en función dos custos económicos que iso implica, substituirase o informe de auditores ou censores xurados de contas pola documentación que resulte precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar fidedignamente a situación da empresa.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Co obxecto de fomentar nunha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

Respecto ós distintos tipos de horas extraordinarias, acórdase o seguinte:

a) Horas extraordinarias por forza maior, que veñan esixidas pola necesidade de prever ou reparar siniestros ou outros análogos, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias necesarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, as necesarias para a posta en marcha e/ou paradas, cambios de quenda ou outras análogas: mantemento, cando non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación previstas na lei.

As horas extraordinarias pola súa natureza son voluntarias, agás as previstas na letra a) deste artigo.

A dirección da empresa informará mensualmente os representantes legais dos traballaodres sobre o número de horas extraordinarias traballadas, explicando as súas causas e, se é o caso, a súa distribución por seccións e departamentos. En función desta información e dos criterios arriba indicados, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, de acordo co pactado neste convenio.

As horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria, ou tempos equivalentes de descanso retribuído, a elección do traballador.

As horas extraordinarias realizadas en domingos aboaranse cunha recarga do 90% sobre o valor da hora ordinaria, ou tempos equivalentes de descanso retribuído ca eleccio do traballador.

Artigo 21º.-Contrato eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, o contrato eventual por circunstancias do mercado poderá celebrarse por unha duración de 12 meses, dentro dun período de 16 meses.

Artigo 22º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, con suxeición ós seguinte límites:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Resto do persoal: 1 mes.

Artigo 23º.-Emprego fixo.

Tódolos contratos realizados polas empresas afectadas por este covenio axustaranse ó principio de causalidade na contratación, de xeito tal que para un posto de traballo fixo non se poderá realizar outro contrato que non sexa un contrato indefinido.

As empresa quedan obrigadas a ter unha porcentaxe de emprego indefinido respecto ó cadro de persoal total, dun 50% para o ano 1997, e un 55% para 1998. Quedan excluídas en todo caso da obrigatoriedade deste artigo, as empresas que teñan menos de 4 traballadores.

As emrpesas entregaranlle por escrito, cada ano, á representación legal ou sindical dos traballadores, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A mesma información remitiráselle á comisión paritaria do convenio.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, terá dereito ás seguintes licencias retribuídas:

-Por casamento: 15 días.

-Por nacemento de fillo ou enfermidade grave ou intrvención cirúrxica de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días ampliables a 4 días cando o traballador necesite facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

-Por falecemento de parentes de primeiro grao: 3 días, ampliables a 5 días cando o traballador necesite facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

-Por falecemento de parentes de segundo grao: 2 días ampliables a 4 días cando o traballador necesite facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma galega.

-Por falecemento de parentes de terceiro grao: 1 día.

-Por traslado de domicilio habitual: 2 días.

-Polo tempo indispensalbe para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontaráselle o importe dela do salario ó que tivese dereito na empresa.

-Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legalmente.

-Os traballadores, por lactación dun fillo menor de 9 meses: terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán substituir pola reducción da xornada en media hora, coa mesma finalidade.

-Permiso retribuído ás traballadoras para exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, sempre que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

-Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata 10 días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador á dirección da empresa con 10 días de antelación e xustificacón correspondente.

Artigo 25º.-Licencias non retribuídas.

Os traballadores terán dereito a desfrutar dun permiso sen retribución de ata 3 días ó ano, non acumulable a vacacións, e non desfrutable en momentos álxidos ou puntas de producción ou vendas.

Cláusula adicional.

Todo o establecido neste convenio estará vixente e de plena aplicacíon ata que sexa substituído por outro convenio negociado polas partes. Non obstante para forza-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á de vixencia normal do convenio.

Cláusula transitoria

De acordo co establecido na letra b) da alínea 2 da disposición adicional primeira do Real decreto lei 8/1997, ámbalas partes acordan que durante a vixencia deste convenio será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida regulado na citada disposición adicional primeira do Real decreto lei 8/1997.

Mensual

ano 1997

Anual

ano 1997

Antigüidade

cuadrienio

ano 1997

Grupo I

Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior117.8671.768.0055.876
Titulado grao medio104.7751.571.6255.223
Técnico sanitario91.6951.375,4254.571
Axudante91.6951.375.4254.571

Mensual

ano 1997

Anual

ano 1997

Antigüidade

cuadrienio

ano 1997

Grupo II
Persoal mercantil non titulado:
Director128.3321.924.9806.398
Xefe de división117.8671.768.0055.876
Xefe de persoal, xefe de compras,

xefe de vendas e encargado xeral

117.8671.768.0055.876
Xefe de almacén104.7751.571.6255.223
Xefe de grupo102.1041.531.5605.091
Xefe de sección mercantil99.5431.493.1454.962
Intérprete, viaxante e corredor praza91.6951.375.4254.571
Encargado establecemento,

vendedor e comprador

96.9461.454.1904.833
Dependente89.0591.335.8854.440
Dependente maior97.6521.464.7804.868
Axudante76.0011.140.0153.789
Traballadores menores de 18 anos59.130886.9502.615

Grupo III
Persoal Admvo. técnico non titulado

e persoal Admvo.:

Director128.3321.924.9806.398
Xefe de división117.8671.768.0055.876
Xefe administrativo104.7751.571.6255.223
Secretario e contable91.6951.375.4254.571
Xefe de sección administrativa102.1041.531.5605.091
Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, Taquim. idioma

estranxeiro

94.1411.412.1154.693
Maq. contable, operador e oficial

Admvo.

91.6951.375.4254.571
Auxiliar Admvo. ou perforista89.0591.335.8854.440
Aspirante de 16 a 18 anos59.130886.9502.610
Auxiliar de caixa81.2481.218.7204.050

Grupo IV
Persoal de Servicios e actividades

auxiliares:

Xefe de sección de servicios102.1041.531.5605.091
Debuxante e escaparatista96.9461.454.1904.833
Axudante montaxe, delineante,

rotulista e visitador

78.5971.178.9553.918
Cortador91.6951.375.4254.571
Axudante cortador, xefe de taller

e persoal oficio

83.8461.257.6904.180
Capataz Prof. oficio 2ª e 3ª, axudante

mozo, especialista, Telefon. e ascensor.

81.2481.218.7204.050
Mozo, empaquetadora e repasadora78.5971.178.9553.918

Grupo V
Persoal subalterno:
Conserxe, cobrador, vixilante,

porteiro, sereno e ordenanza

78.5971.178.9553.918
Persoal de limpeza con 18 anos

ou máis

76.7591.151.3853.918
Persoal de limpeza por hora489

8701