Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da distribución de butano.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de distribución de butano (código 2700015), da provincia de Lugo, asinado o día 23 de maio de 1997, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano de Lugo e da central sindical CIG, e de conformidade co disposto no Artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xuño de l997

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial de distribución de butano Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio de distribución de butano será de aplicación para tódalas empresas a actividade das cales estea rexida nas súas relacións de traballo pola Ordenanza Laboral de Butano, S.A.,

e axencias distribuidoras, publicada no BOE do 8-VIII-1974.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídas no seu ámbito funcional coa excepción dos menores de 16 anos, dos que queda prohíbida a súa contratación.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio rexerán para as empresa de Lugo e provincia, incluídas, no ámbito funcional e persoal, ós seus traballadores, e para aqueloutras que, tendo un domicilio noutra provincia, os seus traballadores presten servicios nesta.

Así mesmo, quedan obrigadas cantas empresas poidan constituírse nun futuro na provincia de Lugo e queden enmarcadas no ámbito funcional do presente texto.

Artigo 4º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos a partir do 1 de xaneiro de 1996 e ata o 31 de decembro de 1997; sendo preceptiva a denuncia por algunha das partes, cunha antelación mínima dun mes á data de caducidade. Para a percepción de atrasos aplicarase determinado na cláusula adicional primeira do presente texto.

Artigo 4º bis.-Cláusula de revisión.

No suposto de que o IPC a 31 de decembro de 1997 rexistrase un incremento, con relación á mesma data de 1996, superior ó 2,6%, efectuarase unha revisión salarial sobre os conceptos da taboa salarial do ano 1996 igual ó exceso da indicada cifra.

A dita revisión terá efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1997 e, aboarase nunha soa paga que se fará efectiva no 1º trimestre de 1998, sendo agregada á masa salarial e tomada en conta para os incrementos de convenios sucesivos.

Artigo 5º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio colectivo, composta por dous asinantes de cada parte (2 da CIG e 2 da representación empresarial). A dita comisión cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como de interpretación e seguimento. En caso de non chegarse a acordo na comisión, ámbalas partes sométense á competencia do SMAC e da xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Xornada.

A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio será de 40 horas semanais.

Independentemente do anterior, os días 24 e 31 de decembro, atendendo á súa especial significa

ción, redúcese a xornada efectiva de traballo de acordo cos seguintes criterios:

-A xornada de traballo efectuarase entre as 9 e as 15 horas, cun descanso intermedio de 15 minutos que se considerará para tódolos efectos como efectivo de traballo.

-A dita reducción horaria non será susceptible de recuperación noutras xornadas nin de compensación mediante a reducción retributiva.

Artigo 7º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores con 64 anos cumpridos, incluídos no ámbito persoal deste convenio, que desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos poderán facelo, véndose as empresas na obriga de contratar outro traballador perceptor das prestacións de desemprego a través de calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación vixente en cada momento; exceptuaranse as contratacións a tempo parcial e as temporais terán unha duración mínima en calquera caso, superior a un ano e tendendo ó máximo legal respectivo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán 30 días de vacacións anuais con independencia da súa categoría e antigüidade.

Artigo 9º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que na data da súa xubilación leven prestados 10 anos de servicio na empresa percibirán, baixo a denominación de premio de xubilación, as seguintes cantidades:

-Ós 65 anos: 1 mensualidade.

-Ós 64 anos: 2 mensualidades.

-Ós 63 anos: 3 mensualidades.

-Ós 62 anos: 4 mensualidades.

-Ós 61 anos: 5 mensualidades.

-Ós 60 anos: 6 mensualidades.

Artigo 10º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

As empresas reservaránlle-lo posto de traballo a aqueles traballadores que presten o servicio militar ou prestación social substitutoria, percibindo durante este período as pagas extras, independentemente da antigüidade que o traballador teña o día da súa incorporación ó servicio activo.

Artigo 11º.-Beneficios.

En concepto de participación dos beneficios, as empresas aboarán ós seus traballadores, anualmente, dentro do primeiro trimestre do exercicio económico seguinte, o importe dunha mensualidade de

salario base, incrementada co plus de asistencia de actividade, así como da antigüidade.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

As percepcións salariais que teñen este carácter quedan fixadas, a partir deste convenio en tres, coa contía seguinte:

As correspondentes ó 25 de xullo (Día da Patria Galega), e Nadal serán aboadas como unha mensualidade de 30 días cada unha de salario base, incrementándose tamén co plus de asistencia, actividade e antigüidade.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán no mes de outubro, unha terceira gratificación extraordinaria equivalente a 10 días de salario base máis antigüidade e plus de asistencia e actividade.

Artigo 13º.-Contratación.

No uso da posibilidade prevista no artigo 3 do Real decreto 2546/1994, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de 12 meses dentro dun periodo de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a 12 meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para os casos dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas semanais ou 48 horas mensuais.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

As empresas afectadas polo presente convenio concederán obrigatoriamente licencias retribuídas como realmente traballadas ós seus operarios nos seguintes casos:

a) Casamento do traballador: 20 días naturais ininterrompidos.

b) Nacemento dun fillo: 3 días naturais, ampliables a cinco en caso xustificado.

c) Enfermidade grave do cónxuxe: 3 días laborables que poderán ser prorrogados discrecionalmente pola dirección da empresa.

d) Enfermidade grave de fillos e pais: 3 días naturais.

e) Pasamento do cónxuxe: 5 días naturais.

f) Pasamento de pais, avós, tíos, fillos: 4 días naturais.

Co fin de posibilita-lo desfrute dos traballadores dedicados á actividade de distribución de butano do 1 de xullo, festa patronal do sector, entenderase tal xornada como licencia retribuída.

Nos supostos non previstos neste artigo aplicarase o disposto no texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Baixa por enfermidade ou accidente.

No caso de enfermidade do traballador, as empresas aboarán un complemento salarial entre o total do soldo base, antigüidade, máis o plus de asistencia e actividade e o percibido polo traballador na prestación correspondente ata completa-lo 100%. Esta medida será aplicada naqueles supostos nos que a enfermidade provoque a baixa do traballador por máis de 30 días naturais.

As baixas provocadas por accidente implicarán o pagamento do 100% do salario bruto resultante dos conceptos establecidos no presente convenio, por parte desta, desde o 1º día. A empresa reservará para si o dereito de comprobar mediante un médico que ela designe a realidade da situación da IT, correndo pola súa conta tales comprobacións que se poderán efectuar cantas veces quixese.

No suposto de incapacidade temporal por maternidade en aplicación do disposto na Lei xeral da Seguridade Social as traballadoras percibirán, desde o primeiro día e mentres subsista a dita situación, o 100% da base reguladora.

Artigo 16º.-Seguro de invalidez e morte por accidente de traballo.

As empresas dotarán a tódolos traballadores afectados polo presente convenio dunha póliza de seguros, polos valores seguintes, independentemente das indemnizacións que puidesen corresponder:

-Por morte do traballador: 2.500.000 ptas.

-En caso de que un accidente de traballo provoque a invalidez total ou absoluta do traballador: 3.500.000 ptas.

O cobro da póliza asignada ó suposto de morte do traballador, será percibido pola persoa ou persoas designadas por este con antelación.

As empresas afectadas polo seguinte convenio colectivo disporán de trinta días a partir da súa publicación para a modificación das referidas pólizas.

Artigo 17º.-Roupa de traballo (inverno-verán).

As empresas entregaranlles ós traballadores a roupa de traballo necesaria para a realización dos traballos encomendados, segundo o seguinte criterio:

-Dous equipos ó entrar na empresa e un máis cada catro meses.

Nembargantes, tendo en conta as condicións climatolóxicas da zona na temporada de inverno, entre o 15 de setembro e o 30 de abril, as empresas dotarán os seus operarios do material de traballo preciso e bastante para o desenvolvemento deste. Tal material será, como mínimo, un par de guantes, botas e traxe de augas. Todo coas carácteristicas de calidade, forma e color esixidas legalmente.

Artigo 18º.-Excedencias.

De conformidade co establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, o persoal afecto polo presente convenio que conte cunha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo mínimo de 2 anos e máximo de 5 anos. Este dereito non poderá ser exercido ata transcorridos catro anos desde o remate da última excedencia.

Do mesmo xeito o persoal terá dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo natural ou adoptivo contado desde a data do nacemento ou adopción deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, poñería fin ó que se estivese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer tal dereito.

Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os/as traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cárgo representativo. Neste suposto non é preciso te-la antigüidade establecida no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 19º.-Soldo base.

Durante o primeiro ano de vixencia do presente convenio (1996), os salarios base, segundo a categoría, quedan establecidos de acordo coa táboa salarial anexa I, que recolle un incremento respecto do ano 1995 dun 3,5%, e serán percibidos por tódolos traballadores afectados e incluídos no ámbito persoal deste convenio.

Para o ano 1997 os salarios base, segundo as categorías, quedan establecidos de acordo coa táboa salarial anexa II, que recolle un incremento respecto do ano 1996 dun 2,6%, e serán percibidos por tódolos traballadores afectados e incluidos no ámbito persoal deste convenio.

Artigo 20º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán a cantidade de 265 ptas. por día efectivo de traballo en concepto de plus de transporte, a partir do 1 de xaneiro de 1996. En cómputo mensual o dito plus non poderá ser inferior a 6.625 ptas. para o operario sen faltas de asistencia ó traballo inxustificadas.

Acórdase que a partir do 1 de xaneiro de 1997 o plus de transporte se aboará na cantidade de 272 ptas. diarias e en computo mensual o referido plus non poderá ser inferior a 6.800 ptas.

Establécese o seguinte cadro de penalizacións:

-Por dúas faltas inxustificadas, perderase o plus de tres días.

-Por catro faltas inxustificadas, perderanse 7 días de plus.

-Por cinco faltas inxustificadas, perderase todo o plus de transporte dun mes. Tal plus será percibido por tódolos traballadores calquera que sexa o desprazamento que vaian realizar desde o seu domicilio dentro do municipio ó centro de traballo e os medios de transporte utilizados.

Artigo 21º.-Plus de asistencia e actividade.

Tal plus será percibido por tódolos traballadores sen distinción de categoría e por día de traballo na contía de 342 pesetas diarias, a partir do 1 de xaneiro de 1996.

Acórdase que, a partir do 1 de xaneiro de 1997 o plus de asistencia se aboará na contía de 351 ptas.

En calidade de plus de actividade, para ser percibido por aqueles que teñan baixo a súa responsabilidade directa o reparto de butano, estes terán que repartir na xornada laboral correspondente a 1 día a cantidade de 70 bombonas tipo familiar, en entrega domiciliaria.

Para que a empresa poida esixir tal rendemento no traballo, terá que selo en condicións óptimas, tanto no referido a climatoloxía, estado do vehículo, estado do operario, así como tampouco poderá ser esixido cando as causas que motivan un reparto inferior ó aquí pactado sexa por causas alleas ó traballador.

O plus de asistencia e actividade será percibido durante as vacacións e tódalas pagas extras e durante a situación de IT.

Artigo 22º.-Plus de longo percorrido.

Aqueles conductores que realicen distancias superiores a 25 quilómetros, percibirán un plus de 7.505 pesetas mensuais.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 o plus de longo percorrido aboarase na contía de 7.700 pesetas mensuais.

Artigo 23º.-Plus quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que efectúen operacións monetarias por encargo da empresa terán unha compensación económica de 1.515 pesetas mensuais polo concepto de quebranto de moeda.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 o plus de quebranto de moeda aboarase na cuantía de 1.555 pesetas mensuais.

Artigo 24º.-Clasificación do persoal.

A clasificación dos operarios afectados polo presente convenio será como segue:

a) Persoal administrativo, composto por: encargado xeral, encargado de almacén, xefe de negociado, oficial de primeira, oficial de segunda, auxiliar administrativo, cobrador.

b) Persoal operario: conductor de camión pesado, conductor de camión de reparto, mecánico-visitador, mecánico -instalador, conductor de carreta elevadora, mozo de reparto, mozo de almacén, garda.

c) Persoal auxiliar: limpadora.

Para aquelas funcións excluídas da presente clasificación, aplicarase o disposto na regulamentación estatal de traballo aplicable.

Artigo 25º.-Condicións máis beneficiosas.

Manteranse as condicións máis beneficiosas nas empresas en canto superen, no seu conxunto, as especificadas neste convenio.

Artigo 26º.-Garantías no caso de retirrada do carné de conducir.

O operario que desenvolva traballos de conductor, ou que teña que conducir para desempeña-lo seu traballo, terá garantido, no caso que lle sexa retirado o carné de conducir e mentres dure a sanción, que se lle teña en excedencia forzosa (non motivando deste xeito causa xusta de despedimento).

Tal medida non se aplicará no suposto de que tal situación protexida sexa retirada, superior a un ano ou motivada por intoxicación etílica manifesta.

Artigo 27º.-Crédito de horas sindicais.

Os delegados de persoal, nas empresas de menos de cen traballadores, poderán dispoñer dun crédito de 16 horas sindicais cada mes para realizaren as tarefas que se sinalan no Estatuto dos traballadores, horas que serán retribuídas conforme con esta lei, é dicir, como realmente traballadas.

Artigo 28º.-Taboleiro de anuncios.

As empresas poñerán, en lugar visible para tódolos traballadores, un taboleiro de anuncios á disposición dos delegados de persoal e dos sindicatos ós que pertenzan para inseri-lo convenio colectivo, calendario laboral e demais temas de interese laboral e sindical.

Artigo 29º.-Comisión de formación profesional.

As partes asinantes deste convenio acordan constituír unha comisión paritaria de formación profe

sional, integrada por 2 representantes da central sindical asinante do convenio (CIG) e 2 representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano.

Serán funcións desta comisión:

* Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sector de distribución de butano, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poden programar en diante.

* Elaborar estudios sobre necesidades para consegui-la homologación das cualificacións profesionais no sector para chegar a defini-la súa organización e programación, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

* Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica coa entrada en vigor do mercado único.

* Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Clásusulas adicionais

Primeira.-Para a percepción dos atrasos derivados da aplicación do artigo 4º establécese un prazo de 2 meses contados desde o asinamento do presente convenio.

Segunda.-Cambio de ámbito de aplicación. Serán de aplicación as medidas previstas legalmente durante a vixencia do presente convenio, sendo preciso o acordo expreso de ámbalas partes asinantes para que o convenio de distribución de butano provincial de Lugo puidese verse afectado por un ámbito de aplicación maior ou menor.

Terceira.-Compromiso de negociación. Ámbalas partes comprométense a renegociar no sucesivo, o presente convenio no primeiro trimestre posterior ó seu vencemento.

A partir do 1 de xaneiro de 1998, as empresas comprendidas no ámbito deste convenio, aboaranlles ós seus operarios un anticipo equivalente ó 1,5% dos salarios mensuais deste convenio, a conta dos incrementos que se pacten para 1998.

Cuarta.-AGA. As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) como a canle axeitada para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Táboa salarial

1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1996

CategoríaDíaMes

Persoal administrativo:

Xefe de persoal3.884116.520

Encargado xeral3.335100.050

Encargado de almacén2.974 89.220

Xefe de negociado2.908 87.240

Oficial de 1º2.954 88.620

Oficial de 2º2.826 84.780

Auxiliar administrativo2.860 85.800

Cobrador2.522 75.660

Persoal obreiro:

Conductor camión pesado3.884116.520

Conductor reparto2.974 89.220

Mecánico visitador2.790 83.700

Mecánico instalador2.930 87.900

Conductor carreta2.928 87.840

Mozo de reparto2.685 80.550

Mozo de almacén2.685 80.550

Garda2.685 80.550

Persoal auxiliar:

Limpadora2.685 80.550

Táboa salarios anuais 1996

Categoria

Persoal Administrativo:

Xefe de persoal2.018.551

Encargado xeral1.778.344

Encargado de almacén1.599.539

Xefe de negociado1.564.938

Oficial de 1º1.589.870

Oficial de 2º1.531.860

Auxiliar administrativo1.547.062

Cobrador1.391.613

Persoal obreiro:

Conductor camión pesado2.018.551

Conductor reparto1.599.539

Mecánico visitador1.515.975

Mecánico instalador1.580.774

Conductor carreta1.578.130

Mozo de reparto1.466.916

Mozo de almacén1.466.916

Garda1.466.916

Persoal auxiliar:

Limpadora1.466.916

Táboa salarial

1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997

CategoríaDíaMes

Persoal administrativo:

Xefe de persoal3.985119.550

Encargado xeral3.422102.660

Encargado de almacén3.051 91.530

Xefe de negociado2.984 89.520

Oficial de 1º3.031 90.930

Oficial de 2º2.899 86.970

Auxiliar administrativo2.934 88.020

Cobrador2.588 77.640

Persoal obreiro:

Conductor camión pesado3.985119.550

Conductor reparto3.051 91.530

Mecánico visitador2.863 85.890

Mecánico instalador3.006 90.180

Conductor carreta3.004 90.120

Mozo de reparto2.755 82.650

Mozo de almacén2.755 82.650

Garda2.755 82.650

Persoal auxiliar:

Limpadora2.755 82.650

Táboa salarios anuais 1997

Categoría

Persoal administrativo:

Xefe de persoal2.071.033

Encargado xeral1.824.581

Encargado de almacén1.641.127

Xefe de negociado1.605.626

Oficial de 1º1.631.207

Oficial de 2º1.571.688

Auxiliar administrativo1.587.286

Cobrador1.427.795

Persoal obreiro:

Conductor camión pesado2.071.033

Conductor reparto1.641.127

Mecánico visitador1.555.390

Mecánico instalador1.621.874

Conductor carreta1.619.161

Mozo de reparto1.505.056

Mozo de almacén1.505.056

Garda1.505.056

Persoal auxiliar:

Limpadora1.505.056

5965