Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 243/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense nos sectores urbanos: SU-31, zona 5 e zona 6 SU-32, zona 2 do SU-3, rede viaria, para a implantación dunha ponte sobre o río Miño, promovido polo concello na actuación conxunta coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O dito expediente atópase no departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior

nº 1, para que en conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, se someta a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 27 de agosto de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6887