Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 64/1997).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 11 de xullo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Por unanimidade, aprobar definitivamente o proxecto de delimitación da unidade de execución da zona 2 do SU-24, por instancia de David González Fernández.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así o crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de agosto de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

6894