Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

Por acordo do Pleno do día 24-7-1997, apróbase o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, relativo á concesión a que se refire a seguinte:

Convocatoria de concurso en procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Verín.

B) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

C) Número de expediente: 97/142.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión de:

A.1. O uso privativo do subsolo da praza do concello, mediante a construcción dun aparcamento subterráneo.

A.2. A execución das obras do aparcamento subterráneo e a xestión e explotación do servicio de aparcamento subterráneo.

B) Lugar de execución: Concello de Verín-Ourense.

C) Prazo da concesión: setenta e cinco anos (improrrogables).

D) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras:

Executaranse por conta do adxudicatario as de construcción subterránea do aparcamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposta libremente polos concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas.

Definitiva: (só adxudicatario).

A) Para responder da execución das obras: o 4 por cento do importe do orzamento de execución por contrata que se faga figurar na memoria descritiva e valorada destas (esta garantía será devolta cando transcorra o prazo de garantía das obras).

B) Para responder da xestión do servicio: 2.000.000 de pesetas (esta garantía será devolta ó remate do prazo da concesión).

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Verín.

B) Domicilio: praza do concello.

C) Localidade e código postal: Verín, 32600.

D) Teléfono: 410334.

E) Telefax: 411900.

F) Data límite da obtención de documentos e información: o trixésimo día hábil (30 días hábiles), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Os participantes na licitación deberán acreditar, con vixencia na data de remate do prazo para presentar proposicións, que están en posesión da seguinte:

Clasificación de contratistas

GrupoSubgrupoCategoría

A1C

C2, 6 e 7C

E1C

G3 e 6C

I1 e 9E

J2E

K6 e 9E

8. Presentación das proposicións.

A) Data límite de presentación: o trixésimo día hábil (30 días hábiles) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

B) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte co establecido na cláusula oitava do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

C) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Verín.

2ª Domicilio: praza do concello.

3ª Localidade e código postal: Verín, 32600.

D) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Aperturas das ofertas.

A) Entidade: Concello de Verín.

B) Domicilio: praza do concello.

C) Localidade: Verín.

D) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

E) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

A) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo segunda da contratación.

B) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 9 de agosto de 1997.

Castor Gago Álvarez

Alcalde en funcións

6724