Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por ser imposible a súa práctica; de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselle a Juan Carlos Fernández Chan, con último domicilio coñecido na rúa Juan Bautista Andrade, 11-5º, de Pontevedra, como propietario do disco-pub Garbosa, no concello de Poio, as resolucións dos expedientes sancionadores números: 1844/96, 1857/96, 1858/96, 1901/96, 1983/96, 2044/96, 2045/96, 2150/96, 2231/96 e 2248/96, polas que se lle impón unha sanción de multa de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.) en cada un dos citados expedientes, e dos que se transcribe a súa parte dispositiva, que é a seguinte:

Primeiro.-Que os feitos imputados se tipifican como falta grave no artigo 23 ñ) en relación co 26 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro; pola comisión dunha terceira infracción leve dentro do prazo dun ano; cumpríndose o requisito que establece o artigo 131.3 c) da Lei 30/1992, de que as dúas primeiras infraccións sexan firmes en vía administrativa.

Segundo.-Que esta delegación provincial é competente para resolver este procedemento de conformidade coa Orde do 26 de setembro de 1996 da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de atribución do exercicio de funcións ós delegados provinciais, dictada ó abeiro dos decretos 360/1996, do 26 de setembro e 336/1996, do 13 de setembro, polo que se asumen as funcións e servicios transferidos en materia de espectáculos públicos pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, e Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo.

Por todo isto, resolvo impoñerlle ó denunciado unha sanción de multa de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.). O importe da multa terase que aboar dentro dos 15 días seguintes á data de firmeza desta resolución, por transferencia mediante o impreso anexo, en calquera oficina bancaria, á conta corrente nº 2057-0060-06-3111200053 Xunta de Galicia-multas e sancións, da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo.

No caso de non pagamento, e apercibido formalmente, ó abeiro do disposto no artigo 95 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de que se procederá ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas que legalmente procedan.

Fronte á presente resolución, que non esgota a vía administrativa, pode interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes desde a data da notificación, presentando o escrito nesta delegación pro

vincial ou na propia Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, todo isto de acordo co disposto nos artigos 114 ó 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de agosto de 1997.

P.A.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra

6685