Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 2 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolucións deste delegado provincial referidas ós expedientes sancionadores de sanidade alimentaria que se citan (expediente 7/97 e 38/97).

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data acórdase publica-las seguintes resolucións:

1ª Expediente sancionador nº 7/97. Resolución do expediente que se instrúe por infracción do D. 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O interesado dispón dun prazo de 30 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, 13), e presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o preceptúa o título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Denunciado: José Loureiro Seguín.

DNI: 34.930.862.

Último enderezo coñecido: rúa estrada da Lonia, 128, Ourense.

2ª Expediente sancionador nº 38/97. Resolución de incoación de expediente sancionador por infracción ó D. 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O interesado dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, 13), co fin de poder achegar escrito de alegacións, así como propoñe-los medios de proba que considere pertinentes, segundo o preceptúa o artigo 16 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Denunciado: Antonio González González.

DNI: 76.702.897 J.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Puga, 4-1ºA, Ourense.

Ourense, 2 de setembro de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

6684