Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Muras I.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de xullo de 1997, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o Plan Eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Conforme o procedemento establecido e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 25.3º da citada Lei 10/1995, someto a información pública o proxecto sectorial do parque eólico Muras I, co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente, poida examina-lo citado proxecto e presentar se é o caso as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes, contado desde a publicación da presente resolución no DOG nesta delegación provincial sita en r/ Pascual Veiga, 12-14, 27071 Lugo, ou mediante calquera das formas e lugares recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 5 de setembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7020