Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/177-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estrada de Lameiro-Sárdoma.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 520 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. desde a liña 64.09 Sárdoma-Alcampo, alimentando en bucle ó C.T. proxectado, rematando na liña 64.09 Sárdoma-Alcampo, á altura do cruzamento da N-120 coa estrada de Lameiro, concello de Vigo. C.T., de 630 kV, relación de transformación 15.000/380-220 V. R.B.T., subterránea de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7124