Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/176-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 200 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. desde o apoio proxectado que se vai colocar na L42.07 Balaídos-Sárdoma entre os CC.TT. Raviso e Vilar (que se vai suprimir), alimentando en bucle o C.T. proxectado, rematando no apoio proxectado que se vai colocar en substitución do poste desde o que se realiza a derivación ó C.T. Chysler e ós CC.TT. Sobreiro, Martínez Garrido e estación de autobuses, concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 117 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6734