De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3111200053 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.
Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, caber formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcurrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
ANEXO
-Nº de expediente: 410/96.
Denunciado: Pedro Romero Silva.
Enderezo: Travesía de Vea, 2.
Establecemento: Santa Sede.
Precepto infrinxido: artigo 26 c) da Lei 1/1992.
Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.
Sanción: 30.000 ptas.
Nº de expediente: 355/97.
Denunciado: Nuevos Planteamientos de Inversión, S.L.
Enderezo: Areal, 18.
Establecemento: Don Arenal.
Precepto infrinxido: artigo 26 c) da Lei 1/1992.
Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.
Sanción: 20.000 ptas.
Vigo, 18 de agosto de 1997.
P.A.
Ramón Hermo Rey
Delegado provincial de Pontevedra
6707