Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (167/1997).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ordes fai saber que no xuízo executivo, 167/1997, promovido por Banco Bilbao Vizcaya contra Antonio Arnejo Guardado, en reclamación de 258.247 pesetas, acordou pro providencia desta data citar de remate á dita parte, Antonio Arnejo Guardado, co domicilio actual que se descoñece, para que no termo de nove días compareza nos autos e se opoña se lle conviñer, practicado o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

Dado en Ordes o vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6085