Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CALDAS DE REIS

EDICTO (57/1994).

Acordado en resolución dictada no día de hoxe polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Caldas de Reis e o seu partido, en autos de separación conxugal (5*) seguido neste xulgado co número 57/1994, sendo o demandante Mª Hortensia Bugallo Núñez, representada polo procurador David García Sexto (de oficio) e demandado José Ríos Neira e Ministerio Fiscal, emprázase o demandado, José Ríos Neira, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza perante este xulgado e conteste en legal forma a demanda dentro do prazo de vinte días, coa prevención de que se non comparece será declarado en situación de rebeldía procesual, significándolle que as copias da demanda se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

En Caldas de Reis o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6896