Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (58/1995).

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo co número 58/1995, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Yesos Camanzo, S.L., José Luis Camanzo Gulías e Pilar González Rey, en reclamación de 11.368.597 pesetas de principal, máis 6.000.000 de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, e nas súas actuacións e por resolución do día da data, se acordou sacar en pública poxa, por primeira vez o día 27 de outubro de 1997, ás once horas, na sala de audiencia deste xulgado, e polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarse ás seguintes regras:

Primeira.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal deste cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00058/1995, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Segunda.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

Terceira.-Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20 % antes indicado.

Cuarta.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigacións que delas se deriven.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados polos que desexen tomar parte na poxa, e son previdos os licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

Sétima.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese demandantes na primeira poxa, sinálase para a celebración da

segunda o 24 de novembro de 1997, ás once horas da mañá, no mesmo lugar, con rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día 29 de decembro de 1997, ás once horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo, e os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistindo as demais condicións.

Sírvalle-lo presente edicto de notificación ós demandados, en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

1. Vivenda con rocho número catro, situada na rúa Rosalía de Castro, 40-2º B, dunha superficie de 101.90 m construídos. Inscrita no tomo 1.014, libro 56, folio 169, predio número 4.648 do Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela.

Taxada pericialmente na cantidade de quince millóns oitocentas sesenta e nove mil trescentas unha pesetas (15.869.301 ptas.).

2. Garaxe, inscrito no tomo 1.037, libro 79, folio 11, predio número 6.489. Praza de garaxe número 109 no local número 297 no mesmo edificio cá vivenda citada anteriormente. Rexisto da Propidade número dous de Santiago de Compostela.

Taxado pericialmente na cantidade de dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.).

3. Local comercial en Lalín, situado na planta de semisoto dun edificio con fachadas ás rúas José Antonio e O. Ten acceso desde a rúa O a través das escaleiras de baixada ás galerías comerciais onde se sitúa o dito local, e acceso directo por camiño que une a rúa José Antonio coas ditas galerías. É o local número once dunha superficie de 86 m construídos. Inscrito no tomo 647, libro 211, folio 97, predio número 27.772. Rexistro da Propiedade de Lalín.

Taxado pericialmente na cantidade de oito millóns oitocentas cincuenta e oito mil pesetas (8.858.000 ptas.).

4. 2/3 partes local comercial de Lalín, situado na rúa D e con acceso directo por esta rúa, está situado entre o edificio número sete e número cinco, quedando o portal no sete no medio do local e recuado cara á beirarrúa. Inscrito no tomo 601, libro 191, folio 43, predio número 25.360, dunha superficie total construída de 225 m, correspondéndolle 150 m. Rexistro da Propiedade de Lalín.

Taxado pericialmente na cantidade de vintedous millóns novecentas oitenta e seis mil pesetas (22.986.000 ptas.).

5. Casa con leira, situada na parroquia de Piñeiro, lugar de Cima de Xián, 17, concello de Silleda. Lindeiros: norte, liña de vintecinco metros camiño; sur, en igual lonxitude, o predio matriz; leste, predio número 500 m. Existe unha edificación, composta de soto, planta baixa e planta piso. O soto está dedicado a garaxe, e as plantas a vivenda propiamente dita. Ten unha superficie de 110 m por planta. Ten anexos á edificación principal unha piscina e un alpendre duns 60 m aproximadamente. Predio número 20.893.

Taxada pericialmente na cantidade de vinte millóns novecentas dezaseis mil vinte pesetas (20.916.020 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

6895