Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial do sector da hostelería de Ourense para o ano 1997.

Visto o texto do convenio colectivo para el sector da hotelería (código nº 3200215) de Ourense para o ano 1997, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Federación de Empresarios de Hostelería de Ourense e da parte social polas centrais sindicais: UGT, CC.OO., e CIG, todas con lexitimidade suficiente para asina-lo dito convenio, en xuntanza celebrada o 11 de xuño de 1997, e conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade, de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xullo de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial de hostelería

Capítulo I

Disposiciones generales

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais de tódolos traballadores que desenvolvan

as súas funcións dentro de Ourense e a súa provincia, estean ou poidan estar incursos no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostelería, asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio nº 9910365.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

A duración do presente convenio será dun ano, con efectos de vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997 e os efectos económicos serán a partir do día 1 de xaneiro de 1997, todo iso con independencia do seu rexistro pola autoridade laboral e publicación no BOP, agás as excepcións recollidas no propio texto.

O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non o denunciaren calquera das partes con antelación mínima de tres meses respecto á data da súa terminación, entendéndose por denuncia válida a efectuada por escrito certificado dirixido á outra parte, conforme o previsto no Estatuto dos traballadores. A súa negociación efectuarase ó mes seguinte do seu vencemento.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Por seren condicións mínimas as establecidas no presente convenio, deberán respectarse as que veñan desfrutando os traballadores ou as que puidesen ser incrementadas por disposición legal regulamentaria ou costume. Cando resulten máis beneficiosas para o traballador, respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan do presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Capítulo II

Xornadas, horarios, horas extras, descansos diarios, semanais e vacacións

Artigo 4º.-Xornada.

A xornada máxima de traballo para o persoal do presente convenio para 1997 será de 40 horas semanais na xornada partida e continuada de traballo efectivo, respectivamente.

Na xornada continuada, computarase a media hora de comida como xornada efectivamente traballada.

Artigo 5º.-Horarios.

A elaboración e fixación de horarios de traballo será de común acordo entre a empresa e os traballadores, a través dos seus delegados de persoal ou comités de empresa, os cales desfrutarán os 15 días laborais antes da súa aceptación para consultas de traballadores e demais organismos que consideren oportunos:

a) Os ditos cadros horarios deberán estar expostos en lugar visible e deberán sinala-la hora de entrada e saida, descanso diario e semanal e horarios das quendas.

b) Os cadros horarios deberán estar permanentemente expostos en sitios visibles nos centros de traballo.

c) Tales cadros horarios teñen que estar de conformidade co establecido no artigo 4º deste convenio, en canto á xornada máxima.

d) Os empresarios estarán obrigados a fixarller un horarios especial ós traballadores que realicen cursos de formación profesional de hostelería, para efectos de que lles sexa posible asistir ós citados cursos.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora de traballo individual, de acordo coa táboa de salarios anexa ó presente convenio.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a dúas ó día, quince ó mes e oitenta ó ano, así como as limitacións impostas para o efectos, pola lexislación en cada momento.

Artigo 7º.-Descanso diario.

Entre a terminación dunha xornada e o comezo doutra, deberá existir un intervalo como mínimo de 12 horas.

Artigo 8º.-Descanso semanal.

Os traballadores terán dereito a un descanso semanal mínimo de día e medio ininterrompido, aténdose para o seu desfrute ó establecido na lexislación vixente.

Artigo 9º.-Festas aboables e non recuperables.

Se por necesidades do servicio e logo do acordo entre o traballador e a empresa, se traballase en día festivo, aboarase da seguinte forma:

a) Se o traballador opta por que se lle compense economicamente o día traballado, deberá percibi-lo 150% do salario correspondente ó dito día.

b) Se opta polo descanso compensatorio, terá dereito a día e medio ininterrompido, dentro desta semana en que coincida o dito día.

c) O traballador ó que o seu descanso semanal lle coincida en festivo, terá dereito a outro día de descanso na mesma semana.

Para tódolos efectos os días 29 de xullo, día de Santa Marta, patroa da hostelería, 24 de decembro, día de Noiteboa e 10 de novembro, consideraranse festivos.

Artigo 10º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais ininterrompidos.

Durante as vacacións o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real correspondente á súa categoría profesional.

Ós traballadores que na data determinada para o desfrute delas non tivesen completado o ano de servicio na empresa, ratearase polo tempo traballado.

Durante as vacacións anuais, o traballador percibirá con cargo á empresa o salario correspondente á súa categoría profesional, sendo estas retribuídas a salario real.

En cada empresa elaborarase un cadro de vacacións conforme establece a lexislación vixente, é dicir, nos tres primeiros meses do ano, en que se exporá o período de vacacións que vai desfrutar cada traballador ou grupo de traballadores, intentando que sexan rotativas.

Capítulo III

Enfermidade, licencias, excedencias e servicio militar

Artigo 11º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade do traballador, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, prestación económica do ILT, acade o 100% do salario establecido no presente convenio.

A empresa reserva para si o dereito a recorrer perante a inspección médica para verifica-la autenticidade de calquera baixa por ILT.

Artigo 12º.-Licencias.

As empresas afectadas polo presente convenio concederán as licencias retributivas que soliciten os traballadores, logo do aviso e xustificación, e polas causas e prazos que a continuación se consignan:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por falecemento de fillos: 5 días naturais.

c) Por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade: 3 días naturais. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días naturais.

d) Por asistencia a exames, o tempo necesario requirido por estes. O traballador quedará obrigado a xustificar tal circunstancia e a duración daqueles.

e) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

Artigo 13º.-Excedencia.

Establécese a situación de excedencia voluntaria para o persoal afectado por este convenio; será preciso, para desfrutar tal beneficio, levar ó servicio da empresa máis de dous anos. a permanencia na situación de excedencia a que se refire o parágrafo anterior non poderá ser inferior a tres meses, nin superior a 5 anos, concedéndose esta por unha soa vez.

Causarase baixa na empresa definitivamente no caso de que, finalizada a excedencia, non solicite o traballador o reingreso por escrito cun mes de antelación ó seu vencemento.

No caso de solicita-lo reingreso das excedencias de igual categoría profesional, terá preferencia o que teña maior antigüidade na empresa. O traballador en exedencia non poderá ocuparse en ningún centro de traballo que desenvolva a súa actividade en iguais ou similares características á da súa profesión.

Durante o período de excedencia non devengará ningún soldo.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Os traballadores durante o servicio militar terán reservado o seu posto de traballo, entendéndose esta reserva ata os dous meses do seu licenciamento. Os traballadores que no momento da súa incorporación a filas leven dous anos de servicios na empresa, percibirán a primeira gratificación extraordinaria que corresponda aboar despois da súa incorporación, xa sexa o mes de xullo ou decembro.

Artigo 15º.-Axuda por xubilación.

Todo traballador que cese na empresa tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, con máis de cinco anos de servicio, percibirá desta o equivalente ás seguintes cantiadades:

-Ós cinco anos de servicio na empresa: 2 mensualidades.

-Ós dez anos de servicio na empresa: 6 mensualidades.

Estas gratificacións percibiraas tanto o home como a muller, segundo o caso, se o traballador falecese antes de xubilarse e xa cumpridos os 55 anos ou levase dez anos de servicio ininterrompido na empresa, no momento da súa morte e, no seu defecto, os orfos de menos de 18 anos ou de máis se estaán incapacitados para o traballo.

Artigo 16º.-Código de conductas.

As relacións laborais na empresa deben discorrer en todo momento polas canles da igualdade, mutuo respecto e diálogo. O traballador obedecerá as ordes que correspondan á súa específica categoría profesional dentro do seu horario de traballo, agás aqueles casos que fosen de excepción.

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos de categoría profesional produciranse tendo en conta a formación e a antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 18º.-Cesamentos, prazos de aviso.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente nos seus servicios na empresa, veranse obrigados a poñelo en coñecemento desta por escrito ou a través dos delegados sindicais ou comités de empresa, cumprindo os seguintes prazos de aviso:

a) Xefes de grupos profesionais: 30 días naturais.

b) Resto dos traballadores: 15 días naturais.

O incumprimento do traballador da obriga de avisar previamente coa mencionada antelación daralle dereito á empresa a descontar da súa liquidación o salario dun día por cada día de atraso.

Capítulo IV

Aprendizaxe

Artigo 19º.-Concepto.

Os traballadores en calidade de aprendices ligados á empresa, en virtude de contrato especial, polo cal esta á vez que utiliza o traballo do que aprende, obrígase a ensinarlle o oficio correspondente.

A aprendizaxe, que será sempre retribuída, dará lugar a un contrato especial que se rexerá, tanto no seu contido como na súa forma, e nas obrigas respectivas de cada unha das partes, respectivamente, ademais de polo regulado nas disposicións legais, polas seguintes condicións:

a) O número de horas de traballo á semana non poderá ser superior a 35 horas repartidas en sete diarias durante 5 días.

b) Non se poderán realizar horas extraorinarias.

c) A xornada de traballo non poderá comezar antes da 9 da mañá nin terminar despois das 22 horas, polo que non poderán realizar traballo nocturno.

d) A xornada de traballo será continuada con interrupción de 30 minutos para a comida.

e) As tarefas encomendadas a estes traballadores serán exclusivamente as pertinentes á categoría profesional para a que se están preparando.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 20º.-Retribucións.

As retribucións de persoal afecto por este convenio serán as da táboa de salarios anexos a el, que serán de obrigado cumprimento para tódolos traballadores que presten os seus servicios no sector de hostelería con independencia da súa modalidade de contratación, incluídas aquelas contratacións que expresamente sexan contratados a través das empresas de traballo temporal, as cales e para este sector deberán fixar estes salarios no documento contractual que formalicen coas empresas.

Artigo 21º.-Forma de pagamento.

O pagamento do salario efectuarase dentro da xornada laboral.

Artigo 22º.-Anticipos.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do seu salario sen que poidan exceder do 80% do salario que ten dereito a percibir.

Artigo 23º.-Recibos de salarios.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio quedarán obrigadas a entregarlles ós seus traballadores no momento de abóarlle-los seus salarios

un recibo (do modelo oficial) no que consten con toda claridade os seguintes datos:

a) Os datos da empresa e os profesionais e persoais do traballador.

b) O período de tempo que se paga, a cantidade total e real en ptas. gañadas polo traballador, con especificación de todos e cada un dos conceptos polos que se cobra.

Os recibos de salarios téñense que referir a meses naturais concretos. Se a empresa pagase por semanas, quincenas ou calquera outro período inferior ó mes, estas cantidades consignaranse como anticipos.

Artigo 24º.-Salario base.

O salario bruto base anual para os traballadores afectados por este convenio desde a súa vixencia a partir do día 1 do mes seguinte ó asinamento do presente texto e a súa publicación no BOP ata o 31 de decembro de 1997, será os da táboa de salarios anexo a el (anexo II), que representa unha suba no salario base dun 3%.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Todo traballador que a data 31-12-1994 teña recoñecida antigüidade manteráselle esa contía, figurando na súa nómina o concepto «complemento de antigüidade por dereitos adquiridos».

A partir do día 1-1-1995 devengarase o concepto de antigüidade en quinquenios e na contía de 2.000 ptas. Tomarase como inicio para o dito cómputo o tempo o citado día 1-1-1995.

Artigo 26º.-Complementos de posto de traballo.

O traballador que desempeñe unha praza de categoría superior percibirá o salario correspondente á mencionada categoría. Se o desempeño de tal actividade fose continuado durante tres meses ou alternos durante seis, o traballador consolidará o salario correspondente á citada categoría, logo de reclamación perante a empresa. Se por esixencia no traballo, sempre con carácter transitorio urxente e non reiterativo, se destinase a un traballador a tarefas pertencentes a categorías profesionais ás que non estea adscrito, conservará a retribución correspondente á súa categoría. En todo caso, respectarase a orde xerárquica profesional para adcribi-lo traballador de categoría inferior, sempre e cando non constitúa represalias, discriminacións, tratos vexatorios ou ofensivos.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias que as empresas lles veñen aboando ás seus trabaladores serán aboadas en xullo e decembro, respectivamente, e cosistirán nunha mensualidade de salario real cada unha.

Artigo 28º.-Complementos en especie.

Ó persoal afectado por convenio de calquera clase ou categoría ó que as ordenanzas de traballo para a industria de hostelería lle recoñezan estes com

plementos salariais en especie e sempre e cando non fagan uso do dereito de manutención e aloxamento, a empresa ha de aboar 2.943 ptas. e 1.178 ptas., respectivamente, por cada unha das doce mensualdiades do ano.

Ós traballadores que fagan uso do dereito de manutención e aloxamento, a empresa aboaráselles 1.001 ptas. durante o período de vacacións, independentemente dos complementos salariais previstos para estes conceptos.

Artigo 29º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 horas da noite e as 6 da mañá, agás que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno, en todo ou en parte, pola súa propia natureza, terá unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

Anualmente as empresas subministraranlles como mínimo a tódolos seus traballadores un uniforme completo, sempre que se lles esixa a súa utilización.

Artigo 31º.-Contratación.

Para contribuír e darlle estabilidade ó emprego, as partes asinantes do presente convenio comprométense a fomenta-la contratación indefinida, como norma xeral conforme as novas modalidades de contratación.

Sen embargo, ó ser este un sector cunha problemática específica propoñémo-los seguintes modelos de contratación.

a) Contratación de formación. O contrato de formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

Poderanse celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21, cunha duración mínima de 6 meses, e prorrogable ata un máximo de 3 anos.

O período de formación será do 15% da xornada máxima prevista no convenio, que poderá ser impartida dunha soa vez ó inicio do contrato.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 75%, 85% e 95% do salario base da categoría de axudante de camareiro ou similar, durante o primeiro, segundo e terceiro ano, respectivamente da vixencia do contrato. A aplicación deste salario será para os contratos formalizados a partir da entrada en vigor do presente convenio ou a súa publicación no BOP.

b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa, os contratos poderán ter unha duración mínima de seis meses, e prorrogable ata un máximo de 18 meses.

Capítulo VI

Disposicións adicionais

Primeira. Comisión mixta.

Constitúese unha comisión mixta paritaria formada por catro representantes da parte social, dos cales dous corresponden á Unión Xeral de Traballadores, un a Comisións Obreiras e un á Converxencia Intersindical Galega; e catro da parte económica, compoñentes da comisión negociadora, así como polos asesores que as partes xulguen oportunos, que terán voz pero non voto. Serán funcións desta comisión:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe das cuestións de problemas derivados do presente convenio e sometidas á súa consideración por calquera das partes.

c) Intervención dos conflictos colectivos.

d) Vixilancia e cumprimento do pactado.

Todo iso sen prexuízo da competencia que a este respecto lles veña atribuída ós organismos ou autoridades competentes.

Segunda. Servicios extraordinarios.

Consideraranse servicios extraordinarios aqueles que se realicen con traballadores alleos á empresa. Estes servicios serán retribuídos como mínimo con 5.084 ptas. por servicio.

As empresas que necesiten traballadores alleos a ela para este servicio ofreceranlles estes obrigatoriamente ós profesionais do sector, a través do Instituto Nacional de Emprego, sempre que estes reúnan as condicións esixidas polo servicio para o que se lles require; no caso de non existiren estes na oficina de emprego, a empresa quedará en liberdade de contratar ó igual que no caso de urxencia, en que por ser festivo, a dita oficina estea pechada.

Terceira. Dote por matrimonio.

O persoal feminino que ó contraer matrimonio opte por rescindi-la relación laboral coa empresa, sempre que leve ó servicio dela como mínimo un ano, percibirá unha indemnización correspondente a unha mensualidade do salario do convenio de acordo coa súa categoría profesional, máis antigüidade, por ano de servicio, cun límite de 7 mensualidades.

Cuarta.

En todo o non especificado neste convenio observarase o disposto na lexislación xeral, ordenanza de traballo para a industria de hostelería e Regulamento de réxime interno en cada empresa.

Quinta.

Na táboa salarial anexa ó presente convenio especifícanse os salarios correspondentes ás distintas categorías profesionais de establecementos nas súas distintas modalidades, incrementados nun 3% para 1997.

Sexta.

As empresas están en boa disposición para estimula-los seus traballadores na realización de estudios ou asistencia a cursos de formación cultural ou profesional, en horas distintas á xornada laboral, sendo por conta dela o custo dos ditos estudios, así como a concesión de premios en metálico. que teñen de estímulo ós traballadores que acrediten a regular asistencia e bon aproveitamento. As partes asinantes acordan que no mes seguinte ó asinamento do convenio se constitúa unha comisión paritaria que permita o desenvolvemento dos distintos programas formativos.

Sétima. Operador de son.

Todo traballador que realice as funcións de operador de son, en calquera establecemento de hostelería, terá o grupo 4 da táboa de asimilación das categorías profesionais.

Oitava. Xubilación antecipada.

As empresas poderán establecer cos seus traballadores os pactos previstos no artigo 2 b) do Real decreto do 19 de outubro de 1981, nº 2705/1981, que desenvolve o Real decreto lei do 20 de agosto, sobre xubilación especial ós sesenta e catro anos.

Novena. Xubilación obrigatoria.

A partir do 1 de xaneiro de 1992, establécese a xubilación obrigatoria para todo traballador que cumpra ou cumprira a idade de 65 anos e que completara os períodos de carencia necesarios para percibi-la correspondente pensión de xubilación.

Décima.

As partes asinantes do presente convenio, en cumprimento do establecido no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, fan constar que o salario en cómputo anual e en función da xornada establecida no presente convenio, para o grupo 4, categoría 1ª, sen antigüidade e sen conta-los pluses nin complementos persoais, é de 1.433.910.

Décimo primeira. Formación profesional.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo, deriva do afastamento da formación profesional respecto ás necesidades auténticas de man de obra, e da carencia dunha formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, tanto inicial como continua, ten como fins primordiais mante-la competitividade da empresa e mellora-la calidade dos servicios que se prestan, á vez que facilita-lo perfeccionamento e a promoción profesional dos traballadores do sector comprendidos no ámbito do presente convenio, debe sustentarse sobre a base dun plan de formación profesional incial e permanente que afecta ós traballadores. O dito plan terá como criterios prioritarios na súa actuación:

1. Traballadores menos cualificados, co fin de facilitarlles unha formación de base.

2. Preparación para a introducción de novas tecnoloxías e modalidades de servicio.

3. Cualificación daqueles traballadores que, como consecuencia dos cambios na organización do traballo ou creación de emprego, o precisen.

4. Plans de actuación coordinados para atende-las necesidades de formación dos traballadores das pequeñas e medianas empresas.

5. Acceso de xoves parados, mediante accións formativas no marco do plan FIP, en colaboración coas institucións que se crea conveniente.

Co fin de facer efectivas as accións formativas, as partes asinantes acordan realizar por si ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector.

Constituirase, no momento do asinamento do presente convenio, unha comisión paritaria de formación profesional, que estará composta por 3 membros designados polos sindicatos e 3 membros designados pola patronal, podendo acudir a esta cantos técnicos ou asesores consideren oportunas as partes. Reunirase, polo menos, unha vez por trimestre.

As competencias da comisión de formación profesional serán:

a) Concreta-lo plan de formación e aprobalo, marcando prioridades, xunto coas actuacións necesarias para a súa elaboración e seguimento.

b) Propoñer accións formativas.

c) Coordina-las accións de formación e o seu financiamento.

d) Levar á práctica cantas accións en materia de formación profesional acorden as partes.

Disposicións transitorias

Primeira.-O presente convenio é asinado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería da Provincia de Ourense, dunha parte, e da outra as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores, Comisións Obreiras e Converxencia Intersindical Galega, segundo o establecido na Lei 8/1980, do 10 de marzo, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

TÁBOA DE ASIMILACIÓN DAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS ÓS SETE GRUPOS ESTABLECIDOS PARA EFECTOS RETRIBUTIVOS

Sección primeira.-Hoteis, hostais, hoteis-residencias, albergues, paradores, hoteis-apartamentos, moteis, hoteis en estacións termais, cidades de vacacións e cámpings.

Categoría profesional.

Grupo de recepción e contabilidade.

Xefe de recepción, 1. 2º Xefe de recepción, 3. Contable xeral, 1. Caixeiro 4. Caixeiro comedor, 5.

Contable, 3. Oficial de contabilidade, 3. Recepcionista, 4. Axudante de recepción, 6. Interventor, 3. Tenedor de contas clientes, 4. Telefonista, 5. Auxiliar de oficina, 4. Porteiro de servicios, 6.

Persoal de conserxería.

1º Conserxe de día, 3. 2º Conserxe de día, 5. Conserxe de noite, 5. Axudante de conserxe, 6. Ordenanza de salón, 7. Vixilante de noite, 7. Porteiro de accesos, 7. Porteiro de coches, 7. Ascensorista, 7. Mozo de equipaxes, 7. Botóns maior de 18 anos, 7.

Persoal de cociña.

Xefe de cociña, 1. 2º Xefe de cociña, 2. Xefe de partida, 3. Cociñeiro, 4. Axudante de cociña, 5. Reposteiro, 5. Axudante de resposteiro, 6. Cafeteiro, 5. Encargado de economato e adega, 4. Marmitón, 7. Pinche, 7. Fregador, 7. Persoal de pratería, 7. Axudante de economato e adega, 5.

Persoal de comedor.

Xefe de comedor ou mestre de sala, 1. 2º Xefe de comedor, 3. Camareiro, 4. Sommelier, 4. Axudante, 6.

Persoal de pisos.

Maiordomo de pisos, 3. Camareiro de pisos, 4. Axudante de pisos, 6. Gobernante, 2. Camareiro de pisos, 4. Mozos de habitación, 7. Subgobernante, 4.

Persoal de lencería y limpeza.

Encargado de lencería e lavadoiro, 5. Pasadora de ferro, 6. Costureira-zurcidora, 6. Lenceiro-lavandeiro, 6. Mozo de lavandería, 6. Persoal de limpeza, 7.

Persoal de servicios auxiliares.

Encargado de traballos, 3. Mecánico calefactor, 4. Axudante mecánico ou calefactor, 5. Ebanista, carpinteiro, electricista, albanel, pintor e fontaneiro, 4. Axudante ebanista, carpinteiro, electricista, albanel, pintor e fontaneiro, 5. Conductor e xardiñeiro, 4. Guarda exterior, 7.

Sección segunda.-Pensións, fondas, casas de hóspedes e pousadas.

Persoal de recepción e contabilidade.

Contable, 1. Oficial de contabilidad, 3. Recepciónista, 4. Caixeiro de comedor, 5. Axudante de recepción, 6. Tenedor de contas, 4. Telefonista, 5. Auxiliar de oficina, 4.

Persoal de conserxería.

Primeiro conserxe de día, 3. Segundo conserxe de día, 5. Conserxe de noite, 7. Botóns maior de 18 anos, 7.

Persoal de cociña.

Xefe de cociña, 1. Xefe de partida, 3. Cociñeiro, 4. Axudante cociñeiro, 5. Pinche, 7. Fregador, 7.

Persoal de comedor.

Primeiro xefe de comedor, 1. Segundo xefe de comedor, 3. Camareiro, 4. Axudante de camareiro, 6.

Persoal de pisos.

Gobernante, 2. Camareiro de pisos, 6.

Persoal de lencería e limpeza.

Encargado de lencería e lavadoiro, 5. Pasadora de ferro, 6. Costureira-zurcidora, 6. Lenceiro-lavandeiro, 6. Limpadora, 7.

Persoal de servicios auxiliares.

Mecánico-calefactor, 4. Axudante de calefactor, 5. Conductor, 4. Xardiñeiro, 4. Garda do exterior, 7.

Sección terceira.-Restaurantes, casas de comidas, tabernas que serven comidas.

Persoal de comedor.

Xefe de comedor ou mestre sala, 1. Segundo xefe de comedor, 3. Camareiro e sommellier, 4. Axudante, 6.

Persoal de varios.

Contable xeral, 1. Oficial de contabilidade, 3. Caixeiro de comedor, 5. Interventor, 3. Telefonista, 5. Auxiliares de oficina, 5. Porteiro accesos e de servicios, 6. Vixilante de noite, 7. Botóns maior de 21 anos, 7. Encargado de lencería, 5. Pasadora de ferro, costureira, zurcidora, lavandeira, 6. Limpadora, 7.

Persoal de cociña.

Xefe de cociña, 1. Segundo xefe de cociña, 2. Xefe de partida, 3. Cociñeiro, 4. Axudante de cociña, 5. Reposteiro, 4. Axudante de reposteiro, 6. Cafeteiro, 5. Encargado de economato e bodega, 4. Axudante de economato e bodega, 5. Marmitón e pinche, 4. Fregador e persoal de pratería, 7.

Sección cuarta.-Cafeterías.

Servicios de mostrador e sala.

Primeiro encargado, 1. Segundo encargado e dependente, 2. Axudante, 6. Auxiliar de caixa, 5. Cociñeiro, 4. Axudante de cociña, 6. Reposteiro, 5. Axudante reposteiro, 6. Cafeteiro, 5. Encargado de almacén, 4. Mozo de almacén, 5. Pranchista, 4. Axudante de pranchista, 6.

Varios.

Telefonistas, 5. Mecánico calefactor, 4. Porteiro, 6. Fregadora ou limpadora, 7.

Oficina e contabilidade.

Contable, 3. Caixeiro, 4. Oficial de contabilidade, 3. Auxiliar, 4.

Sección quinta.-Cafés, cafés-bares, bares americanos, whisquerías, cervexerías, chocolaterías e xeladerías.

Persoal de varios.

Contable, 3. Caixeiro, 4. Auxiliar de caixa, 5. Oficial de contabilidade, 3. Auxiliar de oficina, 4. Reposteiro, 4. Axudante de reposteiro, 6. Cafeteiro e adegueiro, 5. Encargado de almacén, 4. Mozo de almacén, 5. Mecánico calefactor, 4. Porteiro, 6. Telefonista, 5. Vixilante de noite, fregadores e persoal de limpeza, 7.

Persoal de mostrador.

a) Cafés, cafés-bares, cervexerías, chocolaterías e xeladerías:

1º. Encargado de mostrador, 1. 2º Encargado de mostrador, 2. Dependente de 1ª, 4. Dependente de 2ª, 6.

b) Bares.

Bares americanos e whisquerías: barman, 3. 2º Barman, 4. Axudante de barman, 6.

Persoal de sala.

Camareiro, 4. Axudante de camareiro, 6.

Sección sexta.-Salas de festa e té, discotecas, tablaos flamencos e salóns de baile.

Persoal de administración.

Contable, 3. Caixeiro, 4. Vendedor de entradas, 5. Auxiliar de oficina, 4.

Persoal de comedor.

1º Encargado de mostrador, 3. 2º Encargado de mostrador, 4. Dependente 1ª, 4. Dependente 2ª, 6.

Persoal de bar americano.

Barman, 3. 2º Barman, 4. Axudante de barman, 6.

Persoal de sala.

1º Xefe de sala, 2. 2º Xefe de sala, 3. Camareiro, 4. Axudante, 6.

Persoal de varios.

Reposteiro, 4. Axudante, 6. Cafeteiro, adegueiro e telefonista, 5. Porteiro, 4. Vixilante de noite, ascensorista, botóns maior de 18 anos, fregadores e persoal de limpeza, 7. Operador de son, 4.

Sección sétima.-Tabernas que non serven comidas.

Dependente de 1ª, 4. Dependente de 2ª, 6.

Sección oitava.-Casinos.

Persoal de oficina e contabilidade.

Xefe de 1ª, 1. Oficial de 1ª, 3. Auxiliar, 4.

Persoal subalterno.

Cobrador, 6. Conserxe, 3. Axudante de conserxe, 6. Telefonista, 5. Porteiro, 6. Ordenanza, 7. Xardineiro, 4. Vixilante de noite, botóns maior de 18 anos e persoal de limpeza, 7.

Sección novena.-Billares e salóns de recreo.

Encargado de sala, 3. Mozo de billar ou salón de recreo, 7. Botóns, aprediz maior de 18 anos, 7. Persoal de limpeza, 7. Aprendices en xeral de 17 a 18 anos, subgrupo A. Aprendices en xeral de 16 a 17 anos, subgrupo B.

ANEXO II

TÁBOAS DE SALARIOS APLICABLES ÓS GRUPOS PROFESIONAIS E CLASE DE ESTABLECEMENTOS DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO PARA O ANO 1997

Grupo

profesional

Primeira

Segunda

Terceira

Cuarta

1130.575127.506124.447121.404
2121.404118.315115.253112.194
3114.674111.612108.548105.482
4102.42299.35799.35796.445
592.17489.10986.04786.047
687.58187.58186.04786.047
787.58187.58186.04786.047

Subgrupo a).-O salario mínimo interprofesional segundo a idade.

Subgrupo b).-O salario mínimo interprofesional segundo a idade.

ANEXO III

En aplicación das táboas salariais do anexo II, establécese a seguinte clasificación de establecementos:

Seccións: 1; 2; 3; 4.

Sección primeira.-Hoteis, hostais, hoteis-residencias, hostais-residencias, albergues, paradores, hoteis-apartamentos, residencias-apartamentos, moteis, hoteis en estacións termais, cidades de vacacións e campings; 5 extrelas e 4 estrelas; 3 estrelas; 2 estrelas; 1 estrela.

Sección segunda.-Pensións, fondas, casas de hóspedes e pousadas; -; -; -; 3 estrelas; 2 estrelas; 1 estrela; fondas; etc.

Sección terceira.-Restaurantes, casas de comida, tabernas que serven comidas; luxo e primeira; segunda; terceira; cuarta.

Sección cuarta.-Cafeterías; especial; primeira; segunda.

Sección quinta.-Cafés, cafés-bares, bares-americanos; whisquerías, cervexerías, chocolaterías e xeladerías; especial e luxo; primeira; segunda; terceira e cuarta.

Sección sexta.-Salas de festa e té, discotecas, tablaos flamencos e salóns de baile; luxo; primeira; segunda; terceira.

Sección sétima.-Tabernas que non serven comidas; -; -; -; única.

Sección oitava.-Casinos; primeira; segunda; terceira; cuarta.

Sección novena.-Billares e salóns de recreo; -; -; -; única.

5963