Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da construcción de Ourense para o ano 1997.

Visto o texto do convenio provincial para o sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense para o ano 1997, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 8-7-1997, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais, UGT e CC.OO., con lexitimidade suficiente para asinar este, en xuntanza celebrada o día 26-6-1997, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de xullo de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense para o período abranguido entre o un de xaneiro e o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación e obrigado cumprimento nas seguintes actividades:

a) As dedicadas á construcción e obras públicas que abranguerán:

-Albanelería.

-Formigón.

-Pintura para decoración e empapelado.

-Carpintería de armar.

-Embaldosado e sollado.

-Empedrado e lastrado.

-Escultura, decoración e escaiola.

-Estucado e revocado.

-Pedra e mármore, incluíndose as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual.

-Portlandista de obra.

-Pocería.

-Canteiras, graveiras, areeiras e a explotación e manufactura de terras industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas e vetas explotadas para uso propio polas empresas dedicadas á construcción e obras públicas en xeral, aínda que a producción non sexa absorbida totalmente por elas.

-Canteiras, graveiras e areeiras, a materia das cales se destine á construcción e obras públicas e non sexan explotadas directamente por empresas constructoras.

-Os traballos que se realicen nos portos en terra firme, peiraos e diques.

-Fabricación de elementos auxiliares e materiais da construcción para a súa exclusiva ou preferente utilización e consumo, absorbéndose nas propias obras toda ou a maior parte da dita producción.

-Rexeneración de praias.

-Movemento de terras.

-Carpintería utilizada polas empresas, ben sexa nas obras ou nos seus talleres; sen embargo, non lles será de aplicación este convenio a aqueles talleres de carpintería que aínda traballando con elementos para a construcción non pertenzan a empresas deste ramo.

-Colocación de artigos de pedra artificial, pulimentada ou sen pulimentar, así como a súa fabricación a pé de obra para a utilización exclusiva desta.

-Fornecemento e saneamento de augas, colocación de tuberías e elementos accesorios destas; apertura e peche de gabias e as súas reparacións, incluíndo as que se realizan para calquera clase de instalación de subministracións, tales como gas, teléfonos, eléctricas, cando sexa empregado, principalmente, persoal de construcción e obras públicas.

-A construcción de canizos e ceos rasos.

-As empresas inmobiliarias, incluídas as cooperativas de vivendas.

-As empresas dedicadas ó estudio, proposta e construcción de obras públicas particulares (estradas, viaductos, túneles, autoestradas, pasos elevados) ou simplemento á realización das obras indicadas.

-A promoción ou execución de urbanizacións.

-A promoción da edificación de inmobles de calquera xénero.

-Empresas dedicadas a cimentacións e as que realicen sondaxes para a construcción principalmente.

-Empresas de rehabilitación, mantemento e demolición de obras.

-Talleres de fabricación de ferralla, que teña como destino principal a construcción.

b) Embarcacións, artefactos flotantes e ferrocarrís auxiliares de obras de portos.

c) Canteiras, areeiras, graveiras e a explotación de terras industriais.

d) As de cemento.

e) As de xesos e cales.

f) As de cerámica artística e industrias do azulexo que, á entrada en vigor do presente convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, non estean afectadas por outro convenio estatal.

g) O comercio da construcción maioritario e exclusivista.

Quedan incluídas as actividades de cemento e derivados e ferralla.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios laborais nas empresas descritas no artigo anterior e ós que sexan contratados durante a vixencia deste convenio, tanto nas empresas establecidas como naquelas que poidan establecerse. Igualmente, afectará a todos aqueles traballadores que, prestando servicios laborais nunha empresa ourensá, se despracen fóra da provincia.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio substitúe e anula os anteriores acordos vixentes, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

Terá efectos económicos retroactivos ó un de xaneiro de 1997. A cotización dos atrasos á Seguridade Social farase conxuntamente coa do mes correspondente ó da data do cobro efectivo por parte dos traballadores, quedando condicionada ó referido aboamento efectivo. As diferencias económicas deberán ser aboadas dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración anual, estendéndose desde o un de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997. Denunciado o convenio, e mentres no se logre acordo expreso, perderán vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, e manterán en vigor o seu contido normativo.

Artigo 5º.-Compensación, absorción e garantía ad personam.

Os traballadores que con anterioridade ó asinamento deste convenio viñesen desfrutando de mello

res condicións cás aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas por este se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as citadas melloras.

Artigo 6º.-Lexislación complementaria.

No non previsto neste convenio observarase o que dispoñan as demais fontes do dereito, respecto o seu principio xerárquico.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Constitúese no día de hoxe o comité paritario, composto por dous representantes sindicais e dous representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e que ten como cometido a interpretación e seguimento do presente convenio.

Os acordos deste comité terán a mesma eficacia cá cláusula que fose interpretada. Como membros integrantes deste comité, e por parte das centrais sindicais, desígnanse como titulares:

Por UGT: Javier Carreiro Váquez.

Por CC.OO.: Rafael López de la Torre.

E pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández.

Cesáreo Fernández Ríos.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.764 horas para 1997.

Establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais de traballo efectivo, distribuídas en oito horas diarias de luns a venres, ámbolos dous incluídos.

Para axusta-lo calendario laboral anual no presente exercicio de 1997, fíxanse como días non laborais o luns de entroido, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 10 de novembro, 24, 26 e 31 de decembro.

Logo do acordo entre empresa e traballador, as ditas datas poden ser permutadas por outras.

Cautelarmente, e sempre condicionado ó reaxuste do calendario anual que proceda para o vindeiro ano 1998, as partes fixan de antemán o luns de entroido de 1998 como non laborable.

Esta data poderá permutarse por outra logo do acordo entre empresa e traballador.

Artigo 9º.-Soldo base e remuneración total.

Segundo o anexo I.

Artigo 10º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para os traballadores das categorías II e XIV con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia

ó traballo non xustificada (importe segundo o anexo I).

Artigo 11º.-Perda do plus de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días do plus; a segunda, a perda de dez días do plus, e a terceira, a perda total.

As faltas inxustificadas computaranse dentro de cada mes natural, e para determina-lo plus de asistencia diario divídese entre vintecinco a cantidade que consta na táboa de remuneracións.

A perda deste plus é independente das sancións que poidan ser impostas segundo a normativa vixente.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte que se lles aboará a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separa o centro de traballo do seu domicilio. Será satisfeito única e exclusivamente en xornada completa realmente traballada.

Este plus non cotizará Seguridade Social nin accidente de traballo.

Artigo 13º.-Incrementos económicos.

Para o ano 1997, e tal como se recolle no anexo I, aplícase un incremento económico do dous con setenta e cinco por cento sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

Artigo 14º.-Cláusulas de garantía salarial.

Para o ano 1997, no suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-1997 supere o 2,75%, efectuarase unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento, con efectos do 1-1-1997. A dita revisión, se é o caso, servirá de base para a negociación colectiva seguinte.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo igual para tódolos traballadores de 2.882 ptas. diarias, e unha media axuda de custo de 1.226 ptas. diarias. Non obstante, pódese substituí-los ditos importes pola fórmula, que de común acordo debe establecerse, de gastos para xustificar.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Segundo anexos II e III.

Artigo 17º.-Prima de casado.

A todo traballador fixo que leve como mínimo seis meses de servicio na empresa e que contraia matrimonio, outorgaráselle unha gratificación por matrimonio de cinco mil pesetas.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afecto por este convenio seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda e un par de botas normais e adecuadas ó centro de traballo e cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo así o requira.

As ditas pezas de roupa son propiedade en todo momento da empresa e o traballador estará obrigado ó seu bo uso e conservación. As empresas poderán facer constar nelas os seus nomes, anagramas e actividades. O incumprimento da dita entrega suporá o aboamento de cincocentas pesetas mensuais ó traballador.

Artigo 19º.-Indemnización-compensación en caso de accidente laboral e hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, hospitalización e enfermidade profesional, percibirán durante o período de IT ou hospitalización, se é o caso, e a cargo da empresa, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario líquido que viña percibindo nunha mensualidade normal, ou de hospitalización, ou de enfermidade profesional, reciba o cento por cento do seu salario mensual normal.

Artigo 20º.-Indemnizacións.

Establécese a seguinte indemnización para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta e gran invalidez, derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional: 4.500.000 ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade.

Non obstante o anterior, a indemnización pagada con cargo ás pólizas de seguros de accidente terá a consideración de entregas a conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme, e que sexan por conta da empresa.

Artigo 21º.-Permisos e licencias.

Concederánselle-las seguintes licencias retribuídas ós traballadores que o soliciten e xustifiquen nos seguintes casos:

-Os sinalados no convenio xeral do sector da construcción.

-Dous días naturais por casamento de fillos.

-O tempo necesario, xustificado, por asistencia médica.

Artigo 22º.-Cesamento dos traballadores.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa con oito días de antelación, perderá as remuneracións dos días que non avise previamente.

A dita comunicación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obriga por parte da empresa de expedi-lo xustificante correspondente.

Artigo 23º.-Repercusión en prezos.

A comisión deliberadora do convenio, por unanimidade, considera e declara que as melloras establecidas nel producen un incremento salarial que eleva os gastos de man de obra e que por isto deben ser repercutibles nos prezos, tanto nas obras contratadas con calquera das administracións como con particulares.

Artigo 24º.-Seguridade e hixiene.

O traballador terá dereiro a acudir a cursos de seguridade e hixiene e que teñan relación directa coa actividade do empregador. Empresa e traballadores poranse de acordo na forma de materializar esta participación, conxugando o dereito destes últimos e os intereses da primeira. En caso de que non se chegue ó dito acordo, serán vinculantes as instruccións e criterios da dita Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene.

Por outro lado, as partes asinantes acordan mante-la súa presencia na Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, así como buscar tódolos mecanismos posibles para unha mellora xeral das condicións de seguridade e hixiene para o traballador.

Serán funcións desta comisión:

-Solicitar do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas consideren tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo estende-la preocupación pola seguridade e hixiene a tódolos niveis, fomentando campañas de sensibilización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións con eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Artigo 25º.-Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexan facilitadas pola empresa, indemnización

que se fixa en 30 ptas. por cada día de traballo efectivo para os niveis VII, VIII e IX e de 20 ptas. para os niveis X e XI.

A empresa determinará os casos particulares de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 26º.-Entrega das copias básicas dos contratos.

A obrigatoriedade da entrega da copia básica dos contratos realizarase conforme a Lei 2/1991, do 7 de febreiro.

Artigo 27º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1997, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou serán deducidas dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo, non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, e poderán distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

Artigo 28º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de deterninados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cua

lificado ou dun posto de traballo no sector da construcción.

3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CXSC.

4. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 21 anos que non teñan a titulación requirida para formalizar contrato para a formación no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

5. O tipo de traballo que debe prestar baixo a modalidade de formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e esteador, nin aquelas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado incluído ó das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica a normativa de vixente aplicación.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

7. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino. A formación teórica do contratado baixo a modalidade de formación fíxase nun 15 % da xornada.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có aprendiz.

8. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación recollerá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

9. A retribución dos contratos será a seguinte:

Táboas salariais de contratos para a formación

De 16 e 17 anos:

1º ano 50%

2º ano 55%

De 18 a 21 anos:

1º ano 60%

2º ano 65%

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

Aqueles convenios provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, teñan unha retribución salarial superior ás porcentaxes do primeiro parágrafo deste punto, manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzado por este, quedando en consecuencia conxelados os ditos salarios ata a súa equiparación.

10. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

11. No prazo dun ano a partir do asinamento deste acordo e a través da comisión paritaria de formación, fixaranse os niveis e contidos da parte teórica de cada especialidade e as probas prácticas que se realizarán para observa-los progresos realizados e o seu pase á categoría de oficial.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-1997 ó 31-12-1997

CategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

XulloNadalVacaciónsextras

IITitulado superior100.95825.7341.127127.819120.230120.230120.2301.076
IIITitulado medio, xefe 1ª Admtvo.100.51125.2921.117126.920119.879119.879119.8791.076
IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado xeral100.02224.7971.107125.926119.491119.491119.4911.076
VXefe Admtvo. de 2ª, delineante superior, xefe de compras, encargado de taller99.56924.3551.098125.022119.140119.140119.1401.076
VIOficial de 1ª Admtvo. delineante de 1ª, encargado de obra99.08323.8621.088124.033118.754118.754118.7541.076
VIIOficial de 2ª Admtvo., delineante de 2ª, práctico topografía de 2ª, capataz97.29822.0771.056120.431117.349117.349117.3491.023
VIIIAuxiliar Admtvo., ou técnico, oficial de 1ª de oficio95.95320.7341.030117.717116.322116.322116.322993
IXListeiro, Axte. topografía, oficial de 2ª de oficio, conserxe94.56919.3471.008114.924115.201115.201115.201955
XVixilante, enfermeiro, almaceneiro, garda xurado, axudante de oficios93.18617.964981112.131114.113114.113114.113901
XIPeones especializados91.80516.581957109.343111.791111.791111.791866
XIIPeóns ordinarios90.37715.154937106.468110.671110.671110.671833

CategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

XulloNadalVacaciónsextras

XIIITraballadores de 17 anos57.7896.93756765.29359.83359.83359.833
XIVTraballad. menores de 17 anos52.4924.86650357.86154.78554.78554.785

Axuda de custo: 2.882Media axuda de custo: 1.226

7120