Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO.

José Antonio Fente Ledo, secretario do Concello de Monterroso en acumulación temporal, certifica:

Que en cumprimento do disposto no artigo 8 d) da Lei da Xunta de Galicia 7/1995, do 29 de xuño, o acordo de aprobación e a normativa urbanística das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Monterroso, foron publicadas no de Lugo, nº 30/1997, do 6 de febreiro.

Así mesmo, certifico que o Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 8 de agosto de 1997, adoptou acordo por unanimidade e, polo tanto, co quorum da maioría absoluta dos seus membros, ratificar en tódalas súas partes o acordo de aprobación definitiva das citadas normas subsidiarias de planeamento, con data do 27 de novembro de 1996, validando tódolos actos administrativos dictados polos órganos competentes do concello en aplicación e execución das ditas normas subsidiarias de planeamento.

E para que conste, de orde e co visto e prace do alcalde, expido o presente acordo en Monterroso, doce de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Luis Pereiro Vázquez

Alcalde

6674