Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-283).

Por Decreto desta Alcaldía número 2920/1997, con data do 20 de xuño de 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para fixación de aliñacións e rasantes en Coruxo de Arriba, rúa do Souto, Liáns (Oleiros), tramitado por Francisco Pazos Ríos. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 19 de agosto de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

6422