Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO.

Aprobado polo órgano municipal competente o proxecto e o prego de condicións económico administrativo que polo sistema de concurso público ordinario e procedemento aberto rexerá na contratación das obras de urbanización da estrada C-550, treito A Guarda-A Pasaxe, fase I, Paseo de Portugal, incluída no plan interrexional II España-Portugal, polo presente edicto exponse ó público a citada docu

mentación polo prazo de 8 días para o efecto da presentación de reclamacións e alegacións, e ábrese do mesmo xeito e de forma simultánea o prazo para a presentación de propostas polos contratistas, se ben a contratación poderá quedar en suspenso á vista das reclamacións ou alegacións que poidan presentarse.

Obra: urbanización da estrada C-550, treito A Guarda-A Pasaxe, fase I, Paseo de Portugal, incluída no plan interrexional II España-Portugal.

Orzamento da contrata: 80.272.097 ptas., incluído IVE.

Fianza provisional: o 2% do tipo.

Forma de tramitación: ordinaria.

Variantes do proxecto: as melloras sinaladas no prego.

Exposición de pregos e proxectos: na Casa do Concello da Guarda, de 10 a 13 horas, na secretaría do concello e polo prazo de 8 días a partir da publicación do presente edicto no DOG.

Presentación das propostas: en man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello ata as 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do presente concurso no DOG.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: no sobre nº 1 de documentación xeral: a recollida no artigo 2.2.5.1 do prego. No sobre nº 2 de documentación técnica: a especificada no artigo 2.2.5.2 do prego. No sobre nº 3 a correspondente proposta económica de conformidade co recollido no prego.

Apertura das proposicións económicas: realizaraa a mesa de contratación da forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Anuncio: o presente anuncio e os posteriores como consecuencia desta licitación serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 5 de agosto de 1997.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

6593