Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Perfiles de Aluminio, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Perfiles de Aluminio, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-6-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 2-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacios económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xuño de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo anos 1996/1997/1998

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Partes.

O presente convenio colectivo concértase entre a empresa Perfiles de Aluminio, S.A., representada polas persoas expresamente facultades para iso, por acordo dos órganos xestores dela, e os traballadores representados polo comité de empresa.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afectará ó centro de traballo que Perfiles de Aluminio, S.A. (Perfialsa) ten en Arteixo (A Coruña).

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As normas do presente convenio colectivo regulan as relacións de traballo do persoal de Perfiles de Aluminio, S.A., que con carácter fixo ou eventual presta os seus servicios no centro de traballo, con excepción de:

-Os que ocupen postos de función directiva.

-A aquelas persoas que pactasen ou pacten condicións económicas máis beneficiosas coa dirección, non lles afectarán os conceptos retributivos que recolle este convenio, pero si o resto del.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase ó período abranguido entre o 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1998.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio efectuarase por escrito que presentará a parte denunciante á outra coa antelación mínima de dous meses ó remate da súa vixencia. No caso de non efectuarse tal denuncia na debida forma e antelación entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no presente convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que a dita compensación garanta os devengos fixos anuais que se percibían con anterioridade ó convenio.

Toda variación económica que afecte a todos ou a algúns dos conceptos retributivos establecidos por futura disposición legal, será absorbida polas melloras pactadas no presente convenio e unicamente terán eficacia práctica se consideradas en conxunto e sumadas ás vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel deste.

Artigo 7º.-Concorrencia con outras normas.

Na interpretación e aplicación deste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores. Queda así mesmo complementado polas notas de servicio deste fábrica, prevalecendo sobre elas en caso de desconformidade en calquera das súas partes.

Artigo 8º.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Para a intervención, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio, créase a comisión mixta de interpretación e vixilancia.

Estará composta por dous vocais económicos, en representación da empresa, e outros dous voais sociais en representación dos traballadores, designados estes últimos polo comité de fábrica.

As posibles e xustificadas ausencias dos vocais sociais e económicos da comisión serán cubertas polos que fosen designados como suplentes -un pola parte económica e outro pola parte social- pola dirección da empresa e polo comité, respectivamente, con ocasión do nomeamento dos vocais titulares.

En canto ás funcións e normas de procedemento desta comisión, aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Principio xeral.

A dirección da empresa exercerá as facultades de organización do traballo que lle correspondan, de acordo coa normativa vixente e co presente convenio colectivo. Correlativamente, a representación dos traballadores terá, nesta materia, as competencias que por estas mesmas vías normativas lle veñan atribuídas.

Artigo 10º.-Valoración de postos de traballo.

Durante a vixencia do presente convenio levarase a cabo unha valoración de postos de traballo, aplicando o manual de valoración do grupo Inespal coa colaboración do comité de empresa.

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

O persoal será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

No anexo II recóllese a relación de postos de traballo clasificados polos grupos funcionais de técnicos, empregados e operarios, así como por cinco niveis de cualificación.

Esta clasificación e as súas normas complementarias teñen por obxecto alcanzar unha estructura profesional acorde coa necesidade do centro, que facilite a menor integración de todo o colectivo en tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo, mediante a oportuna formación.

Artigo 12º.-Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia disto un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que implica a súa clasificación organizativa, debendo en consecuencia ocupar calquera posto dela tendo recibido previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto, cando iso sexa necesario.

Artigo 13º.-Grupos funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

13.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, realizando tarefas de alta cualificación e complexidade.

13.2. Empregados.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

13.3. Operarios.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar pola súa vez funcións de supervisión ou coordinación.

Artigo 14º.-Niveis de cualificación.

Todo traballador será cualificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación

básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo isto tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

14.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidade no exercicio do seu sector profesional

14.2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

14.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente, aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, sendo necesario alcanzar máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

14.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instrucción precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas, ou esixencia de razoamento, comportando en todo caso responsabilidade na execución aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

14.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou cun curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera aportación de esforzo físico.

Con formación no nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

14.6. Subniveis.

Non obstante, nas empresas nas que se consideren insuficientes os cinco niveis anteriormente sinalados, poderanse crear subniveis que se adaptarán á definición do nivel de pertenza.

En todo caso, o número de subniveis será dun por nivel ata un máximo de tres.

14.7. Adaptación ó sistema.

Será obxecto de negociación en cada empresa a adaptación ó sistema de clasificación profesional antes descrito.

Mentres non estea correctamente adaptado o sistema de clasificación profesional respectaranse as normas sobre polivalencia vixentes na empresa.

A nova clasificación profesional non afectará a valoración de postos de traballo existentes en cada empresa, agás que se alcance acordo en contrario no seo dela.

Artigo 15º.-Provisión de vacantes.

A selección e admisión do persoal serán realizadas pola dirección da empresa, que someterá os solicitantes ás probas médicas, psicotécnicas e profesionais que considere oportuno para ocupa-los postos de traballo.

A clasificación do persoal realizarase de acordo coas funcións para as que foi contratado e non para as que puidese estar capacitado para realizar.

Artigo 16º.-Ocupación de novos postos.

A ocupación de postos de nova creación será efectuada polas persoas que designe libremente a dirección da empresa, tendo preferencia, en igualdade de condicións e de aptitudes, o persoal do cadro.

Artigo 17º.-Persoal de capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade profesional, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitudes para o novo posto.

Cando se produza unha situación de capacidade diminuída, estudiarase entre a dirección e o comité de fábrica.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias rexeranse pola regulación xeral do Estatuto dos traballadores e non poderá ser utilizada para prestar servicios en empresa similar ou que implique competencia, agás autorización expresa e escrita para iso. Se o excedente infrinxe esta norma, entenderase que rescinde voluntariamente o contrato que tiña e perderá tódolos seus dereitos. O tempo que o traballador permaneza en excedencia voluntaria non será computable a ningún efecto.

A petición de excedencia deberá formularse por escrito, cun mínimo dun mes de antelación, perante a dirección. A reincorporación deberá igualmente ser solicitada cun mes de antelación á data de remate do desfrute da excedencia.

O traballador en excedencia voluntaria conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa. Este dereito só se activa cando existe unha necesidade de contratación para ocupar un posto de carácter fixo.

Artigo 19º.-Baixas.

O persoal fixo que queira causar baixa na empresa, debe avisar a esta, por escrito, cunha anticipación mínima de 15 días, se se trata de persoal obreiro ou subalterno; un mes, se se trata de administrativos e dous meses os xefes ou titulados administrativos como así mesmo os técnicos, sexan ou non titulados.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

Enténdese como mobilidade funcional, dentro do centro de traballo:

-Cambio de nivel de cualificación dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel de cualificación.

20.1. Cambio de nivel dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas poderá destinar ós traballadores a funcións que impliquen cambio de nivel de cualificación, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

20.1.1. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a 6 meses -agas nos casos de substitución por ILT, servicio militar e excedencia- os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel de cualificación dentro do seu grupo funcional. Se o cambio implica retribucións superiores percibirán as do posto de destino. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de valoración de orixe.

O dito traslado notificarase simultaneamente o interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración estimada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel de cualificación superior se realizase as ditas funcións durante máis de 6 meses en 1 ano ou 9 meses en 2 anos, excepto nos supostos de susbtitución por incapacidade temporal, servicio militar e excedencia.

Unha vez concluída a duración do traslado reintegraráselle ó traballador ó seu nivel de cualificación de orixe.

20.1.2. As discrepancias que, se é o caso, puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no apartado 20.1.1. someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral.

20.1.3. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destinar ós traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel de cualificación superior dentro do seu grupo funcional ou de valoración, de acordo coas normas de ascenso e promoción pactadas neste convenio.

20.1.4. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores, poderá destinar ós traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel de cualificación inferior dentro do seu grupo funcional. As discrepancias que, se é o caso, puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido neste apartado someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de valoración de orixe.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente artigo referente á mobilidade funcional.

20.2. Cambios de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se iso procedese.

Garantiranse, a nivel persoal, as retribucións que estivese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción que existan no convenio.

Transcorrido un prazo de 15 días sen acordo, someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente artigo e referente a mobilidade funcional.

20.3. Saturación das instalacións.

Considérase incremento do grao de saturación das instalacións o aumento do número de horas de funcionamento delas, que se obteña ben a través do número de días ano (modificación de períodos de vacacións, etc.) ben a través do incremento do número de horas día (quendas de traballo, etc.).

Calquera proposta da dirección da empresa de incrementa-lo grao de saturación das instalacións que implique a modificación substancial das condicións de traballo, deberá negociarse, con carácter previo, cos representantes dos traballadores, para o cal a empresa facilitará polo menos a seguinte información:

-Medidas concretas que se propoñen.

-Causas en que estas se apoian.

-Persoal afectado.

A negociación de tales medidas levarase a cabo no seo da empresa afectada no prazo de 15 días. En caso de desacordo seguirase o procedemento previsto no AGA.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido coa tramitación do establecido no presente apartado. A dirección da empresa cumprirá o requisito de notificación á autoridade laboral, para os sós efectos do seu coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 2.1º do Real decreto 696/1980, do 14 de abril, e na que, ademais do alcance e causas, achegará a lista definitiva do persoal afectado.

20.4. Saturación individual do tempo de traballo.

20.4.1. Para efectos de conseguir unha adecuada saturación individual a dirección da empresa definirá o cadro de persoal adecuado e facilitará a cualificación precisa para a correcta adecuación ós postos de traballo.

20.4.2. O tempo de prestación de traballo comeza e remata no propio posto e debe saturarse na súa integridade, o que comporta a saturación do tempo total a un nivel de rendemento habitual, non inferior ó normal.

20.4.3. Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán, a requirimento dos seus mandos, aquelas tarefas para as que estean capacitados, aínda que non sexan propias da súa especialidade.

Artigo 21º.-Ascensos e promocións.

21.1. Principio xeral.

Na provisión de vacantes en réxime de ascensos de categoría profesional, dentro da empresa, seguirase o sistema de concurso para tódolos postos, excepto aqueles que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre outras persoas, que serán cubertas libremente pola empresa.

21.2. Trámites previos.

Cando sexa preciso cubrir unha vacante, reunirase a comisión mixta de ascensos, para determina-lo ámbito do concurso, preparando a seguir o anuncio correspondente no que indicará as condicións requiridas para optar á vacante.

O ámbito do concurso, en principio, terá que ser:

-Persoal do propio taller ou servicio.

-No suposto de non atopar persoa idónea no propio taller ou servicio, ampliarase a convocatoria a todo o persoal da fábrica.

-Se non existise candidato válido no interior da fábrica, efectuarase a contratación con persoal do exterior.

21.3. Condicións dos solicitantes.

Para ser candidato a unha praza, cómpre que o interesado o solicite no momento oportuno, cubrindo o impreso correspondente na xefatura de persoal, e que reúna os requisitos esixidos no anuncio.

Como norma xeral, para poder presentarse a unha convocatoria de ascensos os solicitantes deberán:

-Ter realizado o servicio militar.

-Estar ocupando o seu posto actual polo menos durante un ano, cando o posto que se vai cubrir non sexa na súa propia familia ocupacional.

21.4. Preferencias.

a) Se quedase vacante algún posto que puidese ser desempeñado por un traballador considerado de capacidade diminuída polo médico de empresa, a comisión mixta poderá outorgalo sen necesidade de concurso.

b) En igualdade de méritos, terase en conta a antigüidade na fábrica dos solicitantes así como a súa traxectoria en seguridade.

Capítulo III

Xornada, horarios e calendarios

Artigo 22º.-Xornada.

A xornada en cómputo anual será de 1.728 horas de traballo efectivo.

En calquera caso, a reducción da xornada individual de traballo non poderá implicar unha diminución dos días de traballo na fábrica.

Artigo 23º.-Calendarios.

Os calendarios laborais acordaranse entre a dirección e o comité de empresa e deberán quedar fixados o 31 de xaneiro de cada ano.

En nota de servicio especificaranse os días festivos correspondentes.

Artigo 24º.-Horarios.

Os horarios sinalan o momento de iniciación e remate das tarefas no propio posto de traballo.

Os horarios de traballo durante a vixencia do presente convenio serán:

a) Persoal de xornada central

-Do 1 de xaneiro ó 31 de maio, de 7.45 a 13.30 e de 14.30 a 17.30.

-Do 1 de xuño ó 30 de setembro, de 7.45 a 14 horas.

-Do 1 de outubro ó 31 de decembro, de 7.45 a 13.30 e de 14.30 a 17.30.

Descansa os sábados.

Axustado ó cómputo anual de 1.728 horas.

b) Persoal de 10 a 15 T.

Diario de 6 a 14 horas, 14 a 22 horas. E de 22 a 6 horas, con descanso de 30 minutos en cada quenda. Os días de traballo axustaranse ó cómputo anual de 1.728 horas.

c) Persoal de 17 a 21 T.

Segundo calendarios persoais axustados a 1.728 horas, con 30 minutos de descanso para o bocadillo.

Descansos.

Os descansos nas xornadas continuadas serán de 30 minutos que se considerarán como de traballo efectivo.

Artigo 25º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais.

O seu desfrute precisarase no calendario laboral, tendo en conta que non se producirá peche de instalacións por este concepto.

Sempre que a carga de traballo o permita, procurarase o seu desfrute nos meses de verán.

Retribuiranse incluíndo:

-Salario ou soldo de cualificación con antigüidade.

-Plus de asistencia.

-Prima de producción.

-Prima de quenda.

-Prima de nocturnidade.

O importe diario da prima de producción, quenda e nocturnidade, será a media do importe obtido en horas normais durante os tres meses naturais ultimamente traballados.

No caso de que unha persoa que teña devengadas as vacacións non poida desfrutalas por ILT dentro

do ano actual, tomaraas ó incorporarse ó traballo de acordo co seu servicio.

O período de vacacións interromperase soamente en caso de incapacidade laboral transitoria, podendo desfrutarse os días pendentes de acordo coas necesidades do servicio.

O persoal coñecerá a data de comezo do desfrute das súas vacacións polo menos con dous meses de antelación.

Artigo 26º.-Permisos e licencias retribuídas.

O traballador logo de aviso e xustificación, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, ata un máximo de días naturais, polos motivos que a seguir se indican:

-Por falecemento de pais, fillos e cónxuxes: 5 días naturais.

-Por falecemento de pais políticos, avós, netos: 3 días naturais.

-Por falecemento de irmáns do traballador ou cónxuxe: 3 días naturais.

-Por falecemento de fillos e avós políticos: 2 días naturais.

-Por enfermidade grave (internamento hospitalario) de pais, pais políticos, avós, fillos, cónxuxe e irmáns: 2 días naturais.

No caso de que o traballador teña que desprazarse fóra da provincia, consideraranse dous días máis adicionais.

-Por matrimonio: 15 días naturais.

-Por parto da esposa: 5 días naturais.

-Por matrimonio de fillos ou irmáns, tanto do traballador coma do cónxuxe: 1 día natural.

-Por cambio de domicilio: 2 días naturais.

Polo tempo necesario para acudir a consulta médica do seguro de enfermidade, xustificando ante o servicio médico de empresa, co límite de 16 horas ó ano segundo a lexislación vixente.

Igualmente por visita médica de especialista prescrita polo médico de cabeceira, xustificando o tempo investido nela.

Concederanse precisamente coincidindo co feito causante e por necesidade de asistencia.

Retribuiranse incluíndo tódolos conceptos que percibise o traballador segundo o seu calendario laboral durante os días que abranga o permiso, que son:

-Salario ou soldo de cualificación con antigüidade.

-Plus de asistencia.

-Prima de producción.

-Prima de quenda.

-Prima de nocturnidade.

-Plus de traballo 16 a 21 quendas.

O traballador terá dereito a desfrutar de dous días de permiso sen soldo sempre que o permitan as necesidades do servicio respectivo e sexa por causa xustificada.

Capítulo IV

Productividade

Artigo 27º.-Obxectivo prioritario.

Ámbalas partes, para conseguir uns niveis de producción que permitan alcanza-los obxectivos adecuados, a competitividade, productividade e servicio ó cliente, aceptan a necesidade de implantar réximes de quendas superiores ós actuais.

Para estes efectos actuarase conforme se indica no Art. 20.3 deste convenio.

Artigo 28º.-Absentismo.

Fíxase como obxectivo específico alcanza-los índices absolutos de absentismo seguintes:

-Ano 1996: 6.

-Ano 1997: 5,8.

-Ano 1998: 5,6.

Artigo 29º.-Incentivos.

Prima a control directo: o persoal que traballe a control directo percibirá unha prima, os importes da cal aparecen recollidos nas táboas adxuntas.

Prima a non control: o persoal que non estea a un sistema de medición de traballo, percibirá unha prima igual á media das obtidas polo resto do persoal.

Prima por carencia de incentivo: se por motivos alleos ós traballadores se interrompese a producción, pagarase a prima por este concepto igual ó 75% da percibida no mes último que houbo producción.

Plus de chamada: cantidade que se aboará a aqueles traballadores que sexan chamados a realizar traballos en fábrica, fóra da súa xornada normal, para operacións de mantemento.

Este plus non afecta á retribución das horas traballadas como consecuencia da chamada, que terán carácter de extraordinarias.

Plus de asistencia: enténdese por plus de asistencia unha cantidade devengada por día de asistencia ó traballo, computándose tamén como tales os de vacacións regulamentarias.

A contía aparece nas táboas adxuntas.

Capítulo V

Retribución

Artigo 30º.-Estructura retributiva.

30.1. Conceptos que a integran:

1º Nos conceptos retributivos que poden compoñe-la renda de traballo dos obreiros e empregados ós que afecte este convenio, distinguirase o soldo

ou xornal de cualificación e os complementos salariais.

2º Entenderase por xornal ou soldo de cualificación o concepto retributivo de carácter fixo correspondente ó horario indicado para obreiros e empregados respectivamente, establecido como base de remuneración para cada nivel de cualificación.

Os valores dos xornais ou soldos de cualificación son os que se sinalan na táboa adxunta.

O xornal do persoal obreiro aboarase por día traballado mentres que o soldo do persoal empregado aboarase mensualmente.

3º Son complementos salariais as cantidades que, se é o caso, deban engadirse ó xornal ou soldo de cualificación por algún ou algúns dos conceptos que se sinalan no parágrafo seguinte.

4º Os complementos salariais poden ser:

a) Persoais:

-Antigüidade.

b) De posto de traballo:

-Traballos nocturnos.

-Traballos a quenda.

-Plus de traballo 16 a 21 quendas.

c) Por calidade ou cantidade de traballo:

-Plus de asistencia.

-Prima de control.

-Prima a non control.

-Horas extraordinarias.

-Prima por carencia de incentivo.

-Plus de chamada.

d) De vencemento superior ó mes:

-Vacacións.

-Pagas extraordinarias.

-Gratificación vacacións.

5º Non terán a consideración legal de xornal, ademais das percepcións sinaladas no vixente decreto de ordenación do salario, as seguintes cantidades:

-Plus de distancia.

-Roupa de traballo.

-Gastos de viaxe, axudas de custo, saídas.

6º Con obxecto de logra-la uniformidade no réxime retributivo do persoal, as condicións actuais -tanto expresas como tácitas- decláranse substituídas pola estructura de salarios recollida nos artigos precendentes sen prexuízo da compensación que segundo as disposicións legais en vigor, poidan corresponder ós traballadores afectados por esta medida.

7º Os domingos e festivos non traballados aboaranse de acordo co xornal de cualificación correspondente e maila antigüidade.

30.2. Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal aboaranse por 30 días de xornal ou soldo de cualificación máis antigüidade.

Aboaranse normalmente o día laborable anterior ó 16 de xullo e ó 16 de decembro respectivamente, pagándose unha contía proporcional ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano no que se outorguen.

30.3. Gratificación fin de ano e Noiteboa.

O persoal que realice a quenda de noite dos días 24 e 31 de decembro percibirá no ano 1996 unha gratificación de 7.854 ptas./día. Para os anos 1997 e 1998 este concepto salarial non terá xa aplicación.

30.4. Gratificación de vacacións.

A contía será idéntica para tódolos niveis retributivos. Aboarase por unha soa vez na nómina do mes de xullo. Para as persoas que desfruten as vacacións en época diferente, na nómina do mes anterior.

Os valores de cada ano figuran na táboa adxunta.

30.5. Antigüidade. Data inicial do cómputo.

Como premio á súa vinculación coa empresa, tódolos traballadores terán dereito a percibir un incremento de antigüidade por cada período de 3 anos de servicio na empresa ou, se é o caso, no grupo.

Para a concesión do premio de antigüidade computarase para tódolos traballadores -obreiros e empregados- como data inicial, a do seu ingreso na empresa ou, se é o caso, no grupo.

30.6. Antigüidade. Tempo computado.

Para tódolos efectos deste premio de antigüidade terase en conta todo o tempo de servicio na empresa ou, se é o caso, no grupo, calquera que fose o grupo profesional ou categoría laboral na que estivese encadrado, estrimándose como tempo de servicio:

a) Tódolos meses e días nos que o traballador recibise un xornal ou remuneración, ben sexa por servicios prestados na empresa, ben sexa por vacacións, licencias, enfermidade ou accidente de traballo, así como excedencia forzosa, nomeamento para un cargo público ou sindical ou tempo de permanencia no servicio militar obrigatorio.

b) O transcurso en período de proba, ou con carácter eventual se o persoal en tal situación pasase a ocupar un posto no cadro de persoal da empresa con carácter fixo.

c) Os aprendices, pinches e aspirantes comezarán a devenga-la súa antigüidade desde o día do seu ingreso na empresa.

d) No caso de que o traballador cause baixa definitiva na empresa, por sanción ou pola súa vontade, reingresando posteriormente, empezará a devenga-la súa antigüidade a partir da data deste último ingreso.

30.7. Contía e número.

A contía que se cobrará por cada trienio será a que se indica nas táboas salariais adxuntas, para cada nivel, sen limitación do número de trienios.

En todo caso conservarase como garantía persoal a contía que actualmente se perciba por este concepto, ata que a cifra, segundo o cálculo pactado en convenio, supere á anterior.

No caso de ascenso dunha categoría profesional a outra, os trienios serán aboados na súa totalidade segundo a nova categoría.

30.8. Data de devengo.

Comezarán a devengarse a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio, se a data de vecemento coincide ou é anterior ó 30 de xuño, e desde o 1 de xullo se é posterior.

30.9. Bonificación de antigüidade.

Independentemente da antigüidade que se cobra por anos de servicio na empresa, establécense no convenio as seguintes melloras:

1º Todo traballador que leve anos no grao B pasará ó grao C.

2º Todo traballador que leve 3 anos no grao C pasará ó grao D.

Todo o citado sen que supoña cambio de nivel de cualificación e tendo en conta que cando se cambie de nivel, a antigüidade para pasar dun grao a outro empezará a contar a partir dese momento.

Cando por realizarse unha valoración haxa cambio de nivel sen traslado de posto, respectarase a antigüidade no posto, sempre que o aumento sexa dun só nivel.

30.10. Nocturnidade.

Considéranse como horas nocturnas, con dereito a remuneración especial, as traballadas entre as 10 da noite e as 6 da mañá, agás que o xornal se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Traballando no dito período nocturno máis dunha hora, sen exceder de catro, a bonificación percibirase exclusivamente polas horas traballadas.

Os valores por cada xornada nocturna de oito horas para cada posto de traballo figurarán na táboa adxunta.

No futuro a nocturnidade experimentará a mesma porcentaxe de incremento có salario base.

30.11. Traballo a quendas.

Aqueles traballadores que traballen a quendas, percibirán unha cantidade que aparece recollida nas táboas salariais.

30.12. Traballo de 16 a 21 quendas.

Todo aquel traballador que traballe na modalidade de 16 a 21 quendas percibirá unha cantidade que aparece recollida nas táboas adxuntas.

30.13. Horas extraordinarias.

Terán consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a duración da semana ordinaria de traballo.

Limitaranse ós máximos lexislados, informando ó comité do número de horas que se realicen.

A contía aparece recollida nas táboas.

30.14. Transporte e plus de distancia.

A empresa pon a disposisión dos traballadores medios de transporte para o seu traslado desde A Coruña.

A aquelas persoas que residan fóra da Coruña, o do concello de Arteixo, aboaráselles unha cantidade, tal como indican as disposicións vixentes.

Se por causas alleas á empresa non funcionase o transporte, a empresa só se compromete a repartir entre os traballadores afectados a cantidade que aboará de menos ó concesionario do transporte.

30.15. Roupa de traballo.

A empresa, ademais da roupa de seguridade regulamentaria, facilitará a roupa de traballo que se indica a seguir:

Persoal obreiro:

-Dous pantalóns e dúas camisas (ou fundas), dúas toallas grandes por ano.

-Unha cazadora cada tres anos.

-Un xersei cada ano.

Empregados:

A maioría pola índole do seu traballo non necesita unha entrega sistemática de roupa de traballo.

Cambiaráselle-la roupa cando sexa necesario.

Vixilantes:

-Un traxe de verán e outro de inverno cada dous anos. Unha chaqueta de coiro cada catro anos.

-Dúas camisas cada ano.

Chofer furgoneta:

-Unha chaqueta e dous pantalóns. Substitución cando sexa necesario. A partir dos anos 97/98 deixarase de facer esta entrega por desaparición do posto de traballo.

30.16. Deduccións.

Deduciránselle a cada traballador os impostos, cotas de Seguridade Social e cantos conceptos sexan preceptivos por disposición legal, así como os anticipos que por calquera concepto se percibisen da empresa.

Artigo 31º.-Contía retributiva.

Ano 1996: incremento salarial do 3,2% sobre as táboas salariais do ano 1995 como figura nas táboas salariais anexas.

Ano 1997: incremento sobre táboas salariais de 1996 do IPC real, se os resultados do negocio de extrusión non son negativos, que se determinarán no mes de outubro. No dito mes, se se cumpre o anterior, consolidarase o IPC real que se leve ata ese mes.

Aboaráselle a cada traballador a cantidade de 85.000 ptas. (oitenta e cinco mil pesetas) brutas que non terán repercusión en táboas. Esta cantidade pagarase á sinatura do convenio.

Así mesmo, acórdase a conxelación do prezo das horas extras ata o 31-12-1998.

Acórdase tamén realizar un esforzo común para mellora da calidade medida en tanto por cento de devolucións: obxectivo < 0,50% ó final do ano 1997.

Ano 1998: incremento do IPC real sobre táboas salariais de 1997. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo goberno, efectuándose a adecuación ó IPC real unha vez coñecido oficialmente.

Capítulo VI

Prevención de riscos

Artigo 32º.-Seguridade e saúde laboral.

Existe na empresa un comité de seguridade e saúde no traballo que se atén ás disposicións legais nesta materia previstas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Ten ó seu cargo tódolos cometidos que marca a lexislación, establecendo medidas de protección contra os riscos profesionais e en favor da saúde dos traballadores.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

Facilitarase individualmente a roupa de seguridade adecuada a cada posto de traballo, segundo as disposicións vixentes; a súa utilización e coidado é responsabilidade persoal, de forma que se obteña unha duración razoable. O uso destes medios de seguridade é obrigado.

A súa non utilización considerarase imprudencia en acto de servicio e será cualificada de falta grave.

Capítulo VII

Acción social

Artigo 34º.-Seguridade social complementaria.

Estudiarase a implantación dun plan de pensións que terá carácter definitivo e substituirá ó actual sistema de seguros, que desaparecerá.

Para tal efecto constitúese unha comisión de estudio formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección da empresa.

O estudio deberá estar rematado a final do ano 1997.

Artigo 35º.-Seguro colectivo de vida.

Actualizarase a prima correspondente ó seguro colectivo de vida, fixando a contía en 2.520.000 ptas. para o ano 1996.

Nos anos 1997 e 1998 incrementarase a prima na mesma porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Artigo 36º.-Seguro de accidentes.

Hai concertada unha póliza voluntaria de accidentes para todo o persoal en activo e fixo no cadro, con independencia do seguro que existe segundo a lexislación vixente.

Garántense os seguintes capitais:

a) Persoas cuns ingresos brutos anuais inferiores a 1.000.000 de pesetas:

-Caso de morte por accidente: 1.000.000 de ptas.

-Caso de invalidez permanente total: 2.000.000 de ptas.

b) Persoas cuns ingresos brutos anuais superiores a 1.000.000 de pesetas:

-Caso de morte por accidente: 1 anualidade.

-Caso de invalidez permanente total: 2 anualidades.

Entenderase por anualidade, en todo caso, os ingresos percibidos nos 12 últimos meses anteriores ó sinistro, segundo conste nos recibos de nómina.

Quedan exceptuadas deste seguro a morte ou invalidez por enfermidade, deportes perigosos, circunstancias especiais de perigosidade, etc.

As reclamacións deste seguro deben facerse antes de que transcorran 12 meses desde que sucedeu o sinistro.

Artigo 37º.-Seguro de viuvez e orfandade.

Hai contratada unha póliza dun seguro complementario de viuvez e orfandade coas características seguintes:

37.1. Persoas ás que afecta.

A tódolos casados ou viúvos con fillos en activo, con dereito ás correspondentes pensións de viuvez e orfandade da Seguridade Social.

37.2. Pensións que se outorgarán.

-Viuvez: consistirá no 45% da base complementaria do causante definida no punto 37.3.

-Orfandade: consistirá no 20% por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado para todo o traballo, da base complementaria definida no punto 37.3.

Entre ámbalas pensións de viuvez e orfandade non se poderá excede-lo importe da base complementaria.

37.3. Base complementaria.

A base complementaria defínese como a diferencia entre:

-O 100% dos ingresos reais medios, habidos nos 24 meses anteriores á data do feito causante e

-O 100% da base de cotización individual media da Seguridade Social no mesmo período.

37.4. Condicións.

a) Complemento da Seguridade Social.

Estes seguros outorgarán pensións para cada un dos eventos que amparan. A súa concesión, continuidade e perda responderán a idénticas normas e criterios que as pensións da Seguridade Social ás que complementan.

b) Baixa na empresa.

Os que causen baixa na empresa causarán baixa simultánea nos seguros.

c) Ingresos reais.

Non terán consideración de tales: as horas extraordinarias, subsidios e prestacións compensatorias que carecen da consideración de salario.

d) Cobertura de riscos.

A empresa cobre o 80% de cada un dos riscos asegurados; o traballador cobre o 20% restante. A cobertura correspondente ó traballador é totalmente voluntaria.

En consecuencia, as pensións que se produzan en razón de cada un dos indicados seguros, limitaranse ó 80% da contía, se o traballador non cubriu o 20% deste.

e) Invariabilidade.

Estas pensións complementarias non están suxeitas a revisión e non sufrirán máis variacións que as que se deriven do dereito a desfrutalas, total ou parcialmente, segundo se indica no apartado 37.4.a).

Como é natural o pensionista beneficiarase, independentemente do anterior, das revisións periódicas que lle outorgue, na súa pensión correspondente, a Seguridade Social.

Este seguro de viuvez e orfandade quedarán absorbido polo fondo de pensións que no seu momento se implante.

Artigo 38º.-Regulación da incapacidade laboral.

a) Accidente.

A empresa complementa as prestacións que o traballador perciba da Seguridade Social de forma que alcance o 100% da retribución neta como se estivese en activo.

b) Enfermidade.

Establécense como obxectivo de ILT por enfermidade os índices seguintes:

Ano 1996: 5,1.

Ano 1997: 5.

Ano 1998: 4,8.

No centro de traballo de Arteixo existe un fondo con achegas paritarias dos traballadores afectados polo convenio e a propia empresa.

A achega será a cantidade suficiente para cubri-las prestacións que se precisen en cada mes.

No suposto de que no dito centro se igualase ou mellorase o índice obxectivo de absentismo de cada ano por este concepto, a empresa retornará ós traballadores, individualmente, as cantidades achegadas ó fondo no ano natural correspondente.

Seguirá en vigor o regulamento de funcionamento do fondo.

Establécese, ademais, unha comisión paritaria de control integrada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección. Esta comisión ten como obxectivo procura-lo control do absentismo por enfermidade. Para tal efecto concederase ou denegarase con cargo ó fondo constituído prestacións complementarias ás da Seguridade Social.

As decisións deberán adoptarse por maioría e terán carácter de definitivas.

Artigo 39º.-Premios de vinculación.

Os premios de vinculación á empresa serán os seguintes:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, medalla de bronce e dúas mensualidades de xornal e primas.

-Ó persoal que cumpra 30 anos de servicio, medalla prateada e tres mensualidades de xornal e primas.

-Ó persoal que cumpra 40 anos de servicio, medalla dourada e catro mensualidades de xornal e primas.

Para o cómputo de anos de servicio para estes efectos, terase en conta a antigüidade determinada como se indica no artigo 30.6.

Artigo 40º.-Comedor.

A empresa mantén un comedor social cunha empresa exterior; o traballador participará co 50% do custo de alimentos, e será por conta da empresa o custo restante.

Artigo 41º.-Fundación laboral.

Todo o persoal do cadro, xubilados e viúvas de traballadores, coas familias ó seu cargo, está acollido á fundación laboral ESDECO.

Artigo 42º.-Axuda de estudios.

Apliaránselle a todo o persoal de Perfiles de Aluminio, S.A., fábrica do polígono industrial de Sabón-Arteixo-A Coruña, como segue:

a) A fillos de traballadores.

Concederanse ó comezo do curso académico, logo de solicitude, obrigándose a presenta-las notas obtidas en cada curso.

Son condicións precisas que o traballador teña polo menos un ano de servicio e que haxa falta de aplicación manifesta (por exemplo ter que estudia-lo mesmo curso por terceira vez).

Pagaranse inmediatamente despois de concedidas, agás as de ensino superior que se reserva un 50% para pagamento no segundo trimestre do curso.

Os baremos para o curso 1996/1997 serán os seguintes:

-Ensino superior e medio (fóra da Coruña): 107.686 pesetas.

-Ensino superior e medio (estudios libres ou na Coruña): 45.014 pesetas.

-COU, FP3 (estudios oficiais e libres): 31.212 pesetas.

-EXB, bacharelato e FP 1º e 2º grao: 24.313 pesetas.

-Preescolar 1º-2º: 13.635 pesetas.

Para o curso seguinte os baremos incrementaranse na mesma porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Nº de fillosCoeficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 o más2

Para a axuda de preescolar non se terá en consideración a aplicación dos coeficientes por número de fillos.

b) Axuda de estudios ós nosos traballadores.

Dentro da política da empresa de axudar ó seu persoal a realizarse, figura a xuda de estudios a aqueles traballadores que estudien algún oficio ou carreira acorde coa actividade da empresa.

Importe da axuda.

Concederanse axudas de estudios a todo traballador que, pertencendo ó cadro con carácter fixo, se sacrifique por ampliar estudios, e o solicite.

Estas axudas de estudios poderán ser para ensino:

-Básico (EXB, BUP, etc.).

-Profesional (mestría, peritaxes e estudios universitarios).

Para ter dereito á axuda para ensino básico, é requisito imprescindible que os estudios sexan compatibles co horario de traballo de cada interesado.

Para a axuda a ensino profesional, ademais do anterior, requirirase que os ditos estudios teñan aplicación na nosa fábrica de Arteixo-A Coruña.

A axuda consistirá no 80% da matrícula e o 100% dos libros oficiais do curso.

Para poder ter dereito á axuda do curso seguinte deberá xustificarse ter aprobado o anterior.

No caso de repetir curso, non se percibirá ningunha axuda; non obstante, a dirección tendo en conta a dificultade dos estudios e unha vez aprobado o curso repetido, poderá concede-la axuda para o seguinte curso.

Os libros quedarán en propiedade do interesado sempre e cando remate os estudios para os que recibiu a axuda. No caso contrario deberá devolvelos.

Da axuda en canto á matrícula, o 30% facilitarase ó comeza-lo curso, e o 50% restante, unha vez rematado, logo de presentación dos resultados.

En canto ós libros, entregarase toda ela ó iniciarse o curso, ante a presentación dos comprobantes de compra.

Compensación de clases particulares.

35.731 ptas. por estudios superiores (enxeñerías e licenciaturas).

30.234 ptas. por estudios de grao medio (peritaxes, ATS, etc.).

25.522 ptas. por estudios de mestría.

23.559 ptas. por estudios de BUP, COU e similares.

Mensualmente esixiranse os oportunos xustificantes.

Material especial.

Cando por imperativo dos estudios sexa preciso a utilización de materiais específicos, tales como compases, tiraliñas, etc., concederase axuda, por unha soa vez de ata 23.559 ptas.

De non remata-los estudios este material deberá ser devolto.

Estudios por correspondencia.

Concederanse sempre e cando sexa un centro oficial o que imparta os estudios. Exemplo: universidade a distancia.

Comisión mixta de estudios.

Estará formada por dous vocais nomeados pola dirección e outros dous vocais nomeados polo comité de fábrica. A súa misión consistirá en analiza-las solicitudes presentadas para propoñe-la súa aprobación á dirección e controla-la aplicación destas axudas.

c) Traballador solteiro cabeza de familia.

Naqueles casos nos que un traballador solteiro faga as veces de cabeza de familia, considerarase cada caso particular, para ver de concede-la axuda de estudios.

Tódolos importes relacionados coa axuda de estudios concederanse para todo o persoal a partir do mes de outubro de cada un dos anos de vixencia do convenio.

Artigo 43º.-Axuda para gastos médicos.

A empresa concede axudas para os seguintes gastos:

43.1. Óptica e oculista.

En defecto da Seguridade Social, a empresa aboaralle a todo o persoal, cónxuxe e fillos ó seu cargo, incluídos na cartilla da Seguridade Social, o 50% da diferencia entre o concedido pola Seguridade Social e o importe dos gastos que por este motivo se produzan, logo de xustificación destes, e de acordo co seguinte baremo:

-Un par de lentes normais (montura e cristal): 50% da expresada diferencia sempre que esta non exceda de 15.331 ptas.

-Un par de lentes bifocais ou microlentes de contacto: 50% da expresada diferencia sempre que esta non exceda de 22.983 ptas.

-Reposición de cristais normais: 50% da expresada diferencia sempre que esta non exceda de 4.468 ptas.

-Reposición cristais bifocais: 50% da expresada diferencia sempre que esta non exceda de 8.946 ptas.

No caso de necesitarse dous pares de lentes, un para cerca e un para lonxe aboaranse ambos polo baremo anterior.

A reposición de monturas só se aboarán novamente cando transcorrese un prazo mínimo de 5 anos do pagamento das anteriores.

Na reposición de cristais concederase a axuda soamente con motivo de nova graduación.

Non haberá participación por reposición de lentes, cristais ou microlentes de contacto como consecuencia de rotura ou perda delas.

43.2. Odontoloxía.

En defecto da Seguridade Social, a empresa aboará o 50% da diferencia entre os gastos producidos e o que conceda a Seguridade Social agás metais preciosos e porcelana, logo de xustificación destes. Na factura especificarase se inclúe metal precioso e porcelana e o seu valor.

43.3. Ortodoncia.

Logo de xustificación dos gastos, concederase unha axuda máxima de 38.314 ptas./ano cando o tratamento sexa igual ou superior a 76.628 ptas. Se o importe é inferior á dita cantidade, aboarase o 50% deste.

Tódolos importes para axuda de gastos médicos incrementaranse no ano seguinte na mesma porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Artigo 44º.-Préstamos.

Establécese un fondo para préstamos ó persoal de 3.715.000 ptas. para o ano 1996. Esta cifra será

incrementada nas mesmas porcentaxes que o fagan as táboas salariais nos anos 1997 e 1998.

44.1. Os préstamos que se poderán solicitar serán:

-Compra de primeira vivenda: 900.000 ptas.

-Automóbil: 110.000 ptas.

44.1.1. A petición realizarase nun impreso matriz e enviarase á xefatura de persoal, quedándose o interesado coa matriz á espera de que se publique a súa concesión no taboleiro de anuncios.

A comisión mixta de préstamos estudiará as solicitudes e co seu informe enviarase ó mes seguinte á dirección.

44.1.2. Estes préstamos faranse efectivos por orde de antigüidade na solicitude e será condición indispensable que sexa para o interesado.

44.1.3. Para optar a estes préstamos débese levar como mínimo un ano de efectividade na empresa, excepto para o caso de enfermidade no que non se esixirá esta condición.

44.1.4. Non se concederá ós que teñan anotado no seu expediente unha falta grave ou moi grave nos 24 meses anteriores á concesión. En calquera caso daráselle preferencia a aqueles que non teñan faltas no seu expediente.

44.1.5. A concesión está supeditada a que haxa fondo dispoñible.

44.1.6. Agás excepcións non se concederá préstamo a quen teña outro en curso.

44.1.7. Se houbese unha solicitude de préstamos de extrema urxencia, a comisión estudiará a posibilidade de concederlle preferencia.

44.1.8. Estes préstamos amortizaranse cun prazo máximo de 48 meses e un xuro do 4%, agás no caso de enfermidade que se considerará cada petición.

Os xuros serán pagados como último prazo, se son inferiores á amortización mensual, ou en tantos prazos como sexa preciso se resultan superiores.

44.1.9. Daráselle preferencia na concesión de préstamos ás solicitudes para a adquisición de vivenda por primeira vez, mentres existan peticións para iso, sobre as solicitudes para adquirir automóbil.

44.1.10. Será imprescindible, para ter dereito ó préstamo de vivenda, que a adquisición desta sexa para o domicilio permanente do solicitante.

44.2. Disposicións derradeiras.

44.2.1. Unha vez aprobado o préstamo pola dirección, redactarase un contrato privado.

44.2.2. O destino do préstamo deberá ser xustificado documentalmente con anterioridade á súa concesión.

44.2.3. Para ter opción ó préstamo de vivenda, o solicitante deberá presentar probas fidedignas de que non posúe vivenda propia. Se se comproba que

as ditas probas están falseadas, incorrerá na retirada automática do préstamo, así como no aboamento dos xuros correspondentes.

44.2.4. A solicitude para o préstamo de automóbil deberá efectuarse antes da compra ou como máximo 15 días despois.

44.2.5. A amortización comezarase no mes seguinte á concesión do préstamo.

Artigo 45º.-Axuda a subnormais.

Estudiarase cada caso en particular.

Capítulo VIII

Dereitos sindicais

Artigo 46º.-Comités de empresa de centros de traballo.

46.1. Comité de fábrica.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos seus traballadores, e os seus dereitos e garantías son os fixados pola lexislación vixente.

Será o único con dereito a negociación colectiva.

46.1.1. Tempo sindical.

-Cada un dos membros do comité disporá do crédito mensual de tempo sindical retribuído que, de acordo coas dimensións do cadro da fábrica, se concede o artigo 68 do Estatuto dos traballadores e que poderá computarse mensual e globalmente e de xeito excepcional bimensualmente, entre os membros do comité.

Non se computará como tempo sindical o empregado en reunións nas que preceptivamente debe estar presente a dirección da empresa.

-As centrais sindicais que teñan un nivel de representación igual ou superior ó 20% no conxunto do sector (Aluminio Español, S.A. Alúmina Española, S.A. e grupo Inespal, S.A.) poderán reunir, tres veces ó ano, a un membro por cada central sindical.

Con vistas a un mellor funcionamento no desfrute das súas garantías, os membros do comité deberán comunicarlle á dirección:

a) Cun prazo mínimo de 24 horas de antelación, en circunstancias normais, a realización fóra do centro de traballo, de actos de xestión ou representación que lle fosen encomendados polo propio comité ou central sindical a que estea afiliado, xustificando en todo caso as razóns, datas e horarios por medio de documento asinado autografamente polo seu representante legal. Non se esixirá o cumprimento deste prazo en circunstancias excepcionais que o comité ou o membro deste xustificará perante a xefatura de persoal.

b) Con dúas horas mínimo de antelación, cando se trate da realización de funcións individuais pro

pias do comité dentro do centro de traballo, ou comunicarse ou reunirse con outros membros do comité.

c) Os membros do comité de fábrica terán dereito a asistir a congresos, seminarios e cursos de formación sindical ós que foran regulamentariamente convocados pola central sindical á que pertenzan e todo isto con cargo ó crédito das horas mensuais establecido.

Para facer uso de tal dereito, será condición necesaria que a propia central sindical á que está afiliado o membro do comité, a través do seu representante legal, solicite autorización para o seu afiliado, en escrito asinado autografamente, cunha antelación mínima de tres días e facendo consta-la data, horarios e duración prevista da actividade, así como o lugar onde esta debe desenvolverse.

Cando se dean estas circunstancias, a empresa autorizará a asistencia, agás que existan imperiosas e inescusables razóns de índole productiva ou técnica que obriguen á súa denegación.

Nos supostos nos que se autorice, os membros do comité de fábrica deberán xustificar por escrito, ó seu regreso, o tempo empregado en tales actividades, baixo pena de perde-lo dereito á retribución das horas empregadas nelas.

46.1.2. Medios para o comité.

A dirección facilitará os medios necesarios para o correcto funcionamento do comité ou das súas comisións de traballo.

O comité disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións e de taboleiros de anuncios en sitios de fácil acceso ó persoal, onde poderá inserir comunicacións, para este efecto dirixirá copias delas previamente á dirección.

46.1.3. Asesoramento ó comité.

O comité, pola súa conta, poderá utiliza-la asesoría externa que coide oportuna para o desenvolvemento das súas funcións, no interior da fábrica e en reunións coa dirección, previa e adecuada notificación a esta.

46.1.4. Comisión de traballo.

Se algún dos seus membros non pertencese ó comité, o tempo investido por estes compeñentes, regularase así:

-En reunións convocadas pola dirección, considerarase tempo de traballo:

-Noutro caso poderá cualificarse de permiso non retribuído ou imputarse ó tempo sindical.

46.2. Cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que ostenten a representación a que se refire este apartado, a empresa descontará na

nómina mensual de cada un deles a cota sindical correspondente.

Artigo 47º.-Asembleas de centros.

O dereito de reunión e a celebración de asembleas, rexerase polo establecido no Estatuto dos traballadores.

As asembleas, cun máximo de catro ó ano, comezarán media hora antes do relevo de quendas e rematarán media hora despois.

Durante a súa celebración garantirase o funcionamento dos servicios ou instalacións de marcha continua e daquelas a parada das cales poida ocasionar prexuízos ás instalacións.

Capítulo IX

Aspectos varios

Artigo 48º.-Disciplina.

48.1 Ademais dos deberes de orde xeral, o persoal da empresa observará coidadosamente os seguintes, o incumprimento dos cales se considerá como falta:

a) Permanecer no seu posto nas horas de traballo.

b) Utiliza-los medios para a protección e a prevención dos accidentes e poñer en práctica as medidas e consignas técnicas ó seu alcance, que dean lugar a maior seguridade e salubridade do ambiente de traballo. Cando implique risco de accidentes para si ou para os seus compañeiros de traballo, considerarase como falta grave.

c) Velar pola conservación das instalacións e coidar con esmero as máquinas, útiles, ferramentas e elementos de protección ó seu cargo. O mal trato e utilización inadecuada do material en xeral e do material en xeral e do material móbil en particular, serán sancionados como falta grave.

d) Colaborar cos mandos intermedios en perfecto labor de equipo para a productividade, calidade e custos.

e) No traballo por quendas, o operario saínte non o abandonará sen a presencia do entrante, ó que comunicará cantos pormenores haxa que ter en conta. Se este se atrasa, esperará 15 minutos para dar conta ó encargado ou contramestre, quen tomará as medidas oportunas para reemprazalo, se é posible. A empresa aboará como horas extraordinarias o tempo que exceda da súa xornada e garantiralle o transporte de regreso. Deixa-lo posto de traballo sen respectar estas normas será considerado como falta grave.

f) Rexistra-la súa entrada e saída a fábrica de acordo coas ordes establecidas.

48.2. Prohíbese a permanencia nas zonas de traballo ó persoal que desfrute de descanso, vacacións ou baixa.

48.3. Reclamacións.

Tódalas queixas e reclamacións deberán facerse individualmente ante o seu xefe inmediato (para os

obreiros o contramestre ou encargado) quen se encargará de tramitalas á dirección.

Cando non reciban deste satisfacción á súa reclamación, ou teñan queixa del, poderán dirixirse ó xefe inmediato na escala xerárquica. Despois de esgotado este recurso, poderán expoñe-la súa petición ó comité de empresa.

En caso de consulta sobre pagamento de salarios, horas extraordinarias, primas e en xeral, calquera reclamación, relacionada coa regulamentación laboral que non poida ser resolta directamente polo contramestre ou encargado, o interesado será autorizado por este para dirixirse directamente á oficina de persoal.

Artigo 49º.-Premios.

A dirección, por proposta dos xefes de servicio ou taller, poderá conceder recompensas en forma de gratificacións excepcionais ou premios de diversa índole.

Artigo 50º.-Faltas e sancións.

Enténdese por falta toda acción e omisión que supoñe un quebranto dos dereitos de calquera índole, impostos polas disposicións legais vixentes. Clasificaranse, atendendo á súa importancia, trascendencia ou malicia, en leves, graves ou moi graves. Para esta clasificación e a súa cualificación conseguinte, así como para a súa prescrición, anotación e cancelación seguirase o indicado no anexo III.

Artigo 51º.-Aspectos esenciais.

Os principios fundamentais establecidos no presente convenio sobre sistemas de remuneración por incentivos, constitúen aspectos esenciais da vida da empresa, polo que a súa vixencia non quedará supeditada á do convenio colectivo.

Artigo 52º.-Cumprimento de horario e reducción de gastos.

Considerando que os aumentos retribuídos neste convenio non teñen a suficiente contrapartida de aumento de productividade, o persoal cumprirá escrupulosamente os horarios establecidos e esforzarase en reducir na medida do posible, os gastos de fabricación e conservación das súas instalacións.

Artigo 53º.-Conflictos de traballo.

Os conflictos colectivos que durante a vixencia do presente convenio puideran suscitarse no seo deste centro de traballo serán sometidos obrigatoriamente ós órganos e procedementos previstos no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos (AGA).

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL DIARIA 1996

NivelPostosGrao AGrao BGrao CGrao D

2Embalador perfís. Forneiro. Manutenciador. Limpeza vestiarios.5.0565.0835.1155.221

3Manipulador banco tracción. Especialista almacén. Especialista nitruración. Axudante de prensa.5.1735.2215.2695.404

4Inspector perfís. Pulidor/montador. Polivante A. Axustador A. Electricista A. Mecánico A.5.3565.4045.4565.591

5Manipulador prensa. Polivalente B. Axustador B. Electricsta B. Mecánico B.5.4785.5915.6435.779

6Axustador C. Electricista C. Mecánico C5.6355.7795.9326.388

7Xefe equipo embalaxe.6.2326.3886.5487.033

8Xefe equipo retoques6.7547.0337.2237.629

TÁBOA SALARIAL-PLUSES

NivelValor hora extraNocturno Ptas./díaPlus

asistencia

Valor trienios Ptas./ano

ABCDABCD

1----------

21.7482.4332.4442.4612.50938564.46864.80465.21066.566

31.8012.4862.5092.5342.60233365.95766.56667.18868.899

41.8662.5742.6022.6242.65228968.28768.89969.57171.294

51.9112.6322.6522.6652.78027369.84971.29471.94873.681

62.0072.7092.7802.8833.07023971.84573.68175.63881.444

72.2342.9953.0703.1483.38123979.45481.44483.49189.679

82.4713.2493.3813.4723.66923986.11989.67992.09397.268

92.6853.5793.6693.7593.93323994.93197.26899.628104.353

PLUS POR TRABALLO ENTRE 16 E 21 QUENDAS

16T17T18T19T20T21T e

servicio

Ptas./día4.1814.8784.9515.0705.1655.259
Nº días/ano142435384756

CONTÍA IGUAL PARA TÓDOLOS NIVEIS

Paga vacacións

89.159 ptas.

Plus de quenda: 401 ptas./día por 236 días.

Plus chamada: 3.769 ptas./día.

VALOR DÍA DA PRIMA DE PRODUCCIÓN (DÍAS NATURAIS) EMPREGADOS E SUBALTERNOS-360 DÍAS

NIVEL

Prima

23456789

BCDBCDBCDBCDBCDBCDBCDBCD

10,64452455465465471483483488501501507518518553576576590637637654692692710744

11,20476479490490494508508514526526533546546560606606621670670688729729747783

11,76501504514514519534534539553553559573573588636636653703703723765765784823

12,32524527539539544559559565580580586600600617667667684737737757802802821862

12,88548551563563569584584590606606613627627645697697715770770792838838860901

Prima

23456789

BCDBCDBCDBCDBCDBCDBCDBCD

13,44572575588588593610610616633633640654654673727727746804804827874874897940
14,00595600612612618636636642658658666682682701757757777837837861911911934979
14,566196236376376436606606686856856927097097297877878088718718959479479711.019
15,126436476626626686866866947117117197367367568178178399049049309839831.0081.058
15,686676716866866927117117197387387467647647858488488709389389641.0201.0201.0461.097
16,246906957107107177377377447647647737917918138788789029719719981.0571.0571.0841.136
16,807147197357357427637637707917918008188188419089089331.0041.0041.0331.0931.0931.1211.175

VALOR DÍA DA PRIMA DE PRODUCCIÓN (DÍAS REAIS DE 236 DÍAS)

NIVEL

Prima

2345678

BCDBCDBCDBCDBCDBCDBCD

10,646846887047047117317317387577577667837838068708708949639639901.047
11,207207257417417487697697777977978068258258489169169401.0131.0131.0411.102
11,767567627787787868078078158378378468668668919629629881.0641.0641.0941.157
12,327937988158158248458458548768768869079079331.0071.0071.0341.1151.1151.1461.213
12,888298348528528618848848939169169279489489751.0541.0541.0821.1651.1651.1981.267
13,448658708908908989239239329579579679909901.0181.0991.0991.1281.2161.2161.2501.323
14,009009069279279369619619719969961.0071.0311.0311.0601.1461.1461.1751.2661.2661.3011.378
14,569369429639639739999991.0091.0361.0361.0471.0721.0721.1021.1911.1911.2231.3171.3171.3541.432
15,129729781.0001.0001.0101.0381.0381.0491.0751.0751.0881.1141.1141.1441.2361.2361.2691.3671.3671.4061.488
15,681.0081.0151.0371.0371.0471.0761.0761.0881.1161.1161.1281.1551.1551.1871.2831.2831.3171.4181.4181.4581.543
16,241.0441.0521.0741.0741.0861.1151.1151.1261.1561.1561.1681.1961.1961.2291.3281.3281.3631.4691.4691.5101.599
16,801.0811.0881.1111.1111.1231.1531.1531.1651.1951.1951.2101.2371.2371.2721.3751.3751.4111.5191.5191.5621.653

VALOR DÍA DA PRIMA DE PRODUCCIÓN (DÍAS NATURAIS) OBREIROS 365 DÍAS

NIVEL

Prima

2345678

BCDBCDBCDBCDBCDBCDBCD

10,64446449459459463476476481493493499511511525568568582627627645683
11,20470473483483488502502507519519525538538553598598613660660679718
11,76493496508508513526526531546546552565565581627627644694694713754
12,32517520531531537551551557572572578591591608657657675727727747791
12,88540544555555561577577582598598605618618636687687705760760781827
13,44563568580580586602602608623623631646646664717717736793793815863
14,00587591604604610626626633649649657673673691747747767826826849898
14,56611615628628635651651658676676683700700719776776797859859882934
15,12634638652652658677677683702702710727727746806806828892892916970
15,686576626766766837027027097287287367537537748368368599259259501.006
16,246816857017017087277277357537537627807808028668668909589589851.042
16,807057097247247327527527607797797888078078308968969209919911.0101.078

DESAGREGACIÓN TÁBOA SALARIAL ANUAL 1996

SoldoP. Produc.AsistenciaP. vacaciónsTotalTrienioQuendaNocturnoTotal

2 B2.160.158257.04090.86089.1592.597.21764.80494.636195.5202.887.373
2 C2.173.710258.84090.86089.1592.612.56965.21094.636196.8802.904.085
2 D2.218.930264.60090.86089.1592.663.54966.56694.636200.7202.958.905
3 B2.218.930264.60078.58889.1592.651.27766.56694.636200.7202.946.633
3 C2.239.580267.12078.58889.1592.674.44767.18894.636202.7202.971.803
3 D2.296.630274.68078.58889.1592.739.05768.89994.636208.1603.041.853
4 B2.296.630274.68068.20489.1592.728.67368.89994.636208.1603.031.469
4 C2.319.072277.20068.20489.1592.753.63569.57194.636209.9203.058.191
4 D2.376.318284.76068.20489.1592.818.44171.29494.636212.1603.125.237
5 B2.376.318284.76064.42889.1592.814.66571.29494.636212.1603.121.461
5 C2.398.228288.00064.42889.1592.839.81571.94894.636213.2003.147.651
5 D2.456.020294.48064.42889.1592.904.08773.68194.636222.4003.221.123
6 B2.456.020294.48056.40489.1592.896.06373.68194.636222.4003.213.099
6 C2.521.246302.76056.40489.1592.969.56975.63894.636230.6403.294.845
6 D2.714.754326.88056.40489.1593.187.19781.44494.636245.6003.527.433
7 B2.714.754326.88056.40489.1593.187.19781.44494.636245.6003.527.433
7 C2.783.088335.88056.40489.1593.264.53183.49194.636251.8403.611.007
7 D2.989.210361.44056.40489.1593.496.21389.67994.636270.4803.861.329
8 B2.989.210361.44056.40489.1593.496.21389.67994.636270.4803.861.329
8 C3.069.738371.88056.40489.1593.587.18192.09394.636277.7603.959.577
8 D3.242.288393.48056.40489.1593.781.33197.26894.636293.5204.169.487
9 B3.242.288393.48056.40489.1593.781.33197.26894.636293.5204.169.487
9 C3.321.024403.56056.40489.1593.870.14799.62894.636300.7204.265.503
9 D3.478.370423.00056.40489.1594.046.933104.35394.636314.6404.456.209

TÁBOA SALARIAL MENSUAL-1996

NivelPostosGrao AGrao BGrao CGrao D

2Vixilante153.492154.297155.265158.495

3Ordenanza, chofer157.038158.495159.970164.045

4Alm. conservación, teléfono, télex, recepción162.591164.045165.648169.737

5Secretaria, pedidos, expedicións, programador166.305169.737171.302175.430

6Delineante, Ad. persoal, cronometrador, secretaria

dirección, Adm. compras e almacén

171.058175.430180.089193.911

7Encargado embalaxes, Adm. contabilidade, xefe

programación, operador/programador de ordenador

189.179193.911198.792213.515

8Mestre conservación, xefe 2ª administrativo, delineante

proxectista

205.045213.515219.267231.592

9Encargado fabricación, encargado conservación, xefe 1ª

administrativo

226.019231.592237.216248.455

ANEXO II

DISTRIBUCIÓN GRUPOS-NIVEIS

POSTOS DE CONVENIO

ActualGrupo empregadosGrupo operarios

Nivel 3Aprovisionamentos

Contabilidade

Nóminas e Adm. persoal

Expedicións

Secretaria dirección

Delineante

Encargado fabricación

Encargado mantemento

Cronometrador

Informática

Programación

Xefe equipo retoques

Retocador A

Mantedor mecánico

Mantedor eléctrico

Xefe equipo embalaxe

ActualGrupo empregadosGrupo operarios

Nivel 4Auxiliar administrativoPulidor

Operador de prensa

Axudante de prensa

Operador banco tracción

Operador serra-inspector

Almacén xeral

Polivalente

Nivel 5Recepción, teléfono, faxForneiro

Embalador

Expedicións

Limpea e Nitrur. matrices

Manutención

Almacén matrices

Porteiro-vixilante

Chofer

Limpeza vestiarios

ANEXO III

FALTAS E SANCIÓNS

Faltas.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

Cando a dirección considere que algún traballador realizase actos ou accións que puidesen constituír motivo de sanción grave ou moi grave, deberán ser informados, de inmediato, os órganos representativos do traballador ou traballadores, se é o caso. Asemade, a dirección farallo saber ó traballador de que se trate, o cal, para a posible maior garantía de defensa na vista da súa causa, poderá estar asistido polo membro que fose designado polo comité de empresa.

A sanción de faltas graves ou moi graves requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, trascendencia e intención leve, grave ou moi grave.

-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade sen xustificación no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo feito.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, aínda por breve tempo. Se como consecuencia deste, se organizase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

d) Pequenos descoidos na conservación do material.

e) Falta de aseo ou limpeza persoal.

f) Non atender ó público coa corrección e a dilixencia debidas.

g) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

h) Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

i) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

-Faltas graves.

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período de 30 días.

b) Faltas de 1 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique.

c) Entregarse a xogos ou distraccións durante a xornada de traballo.

d) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e a obstrucción a novos métodos de racionalización do traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

e) Simula-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

f) A imprudencia en acto de traballo. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros, ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En todo caso considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso da roupa e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

g) Realizar, sen o oportuno permiso, traballo particulares durante a xornada, así como o emprego, para usos propios, de ferramentas da empresa.

h) A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de 10 faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de 6 meses ou de 20 nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante 3 días consecutivos ou 5 alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballo de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén abranguerá este apartado toda manipulación feita pra prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

f) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

g) Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelar a estraños a ela, datos de reserva obrigada.

h) Realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros e subordinados.

j) Causar accidentes graves por imprudencia ou neglixencia.

k) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

l) A diminución non xustificada no rendemento do traballo.

m) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período dun trimestre e fosen sancionadas.

Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dous a quince días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a corenta e cinco días.

-Despedimento.

Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que aquela tivo coñecemento da súa comisión, e en calquera caso ós seis meses de se ter cometido.

Abuso de autoridade.

A empresa considerará como falta moi grave e sancionará en consecuencia, os abusos de autoridade que puidesen comete-los seus directivos, xefes ou mandos intermedios.

Considerarase abuso de autoridade sempre que un superior cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e con prexuízo notorio para un inferior.

Neste caso o traballador perxudicado porao en coñecemento do comité de empresa. Posteriormente, procederase polo apartado de reclamacións e fixarase un prazo de 15 días para a contestación ó respecto.

Reclamacións.

Toda reclamación, alegación, petición ou queixa que poida presentar un traballador, farao perante o seu mando inmediato a través dun comunicado interno.

5515