Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do sector de empresas de alugueiro de caixas plásticas portadoras de peixe.

Visto o expediente de revisión salarial para o sector de empresas de alugueiro de caixas plásticas portadoras de peixe, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola Unión de Exportadores de Pescado, S.A., e da parte social, pola central sindical CC.OO., con data do 7-10-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial

Empresas alugueiro de caixas

1 Xefe administrativo95.923

2 Oficial administrativo93.745

3 Auxiliar administrativo78.796

4 Encargado96.822

5 Conductor92.500

6 Especialista92.198

6971