Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 25 de agosto de 1997 pola que se modifica a do 1 de abril de 1997, pola que se establece unha prima pola comercialización temperá de xatos.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 1 de abril de 1997, estableceu os mecanismos para a xestión da solicitude da prima de comercialización temperá de xatos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do establecido no Regulamento 805/1968, do Consello do 27 de xuño, modificado polo Regulamento 2222/1996, do Consello, do 18 de novembro.

O apartado 5 do artigo 4 decies do Regulamento 805/1968, dispón que a comisión está habilitada para fixa-lo importe desta prima a un nivel adecuado para que poidan sacrificarse suficientes xatos en función das necesidades do mercado.

Neste sentido, o Regulamento 616/1997, do 8 de abril, polo que se modifica o Regulamento 3886/1992, da comisión, do 23 de decembro, modi

fica os importes unitarios da prima que se lle aplicará á comercialización temperá de xatos, e así o establece a orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 21 de maio de 1997.

Aínda tendo en conta a aplicabilidade directa dos regulamentos comunitarios e da normativa estatal, é conveniente a modificación da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 1 de abril de 1997, para unha mellor difusión.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/19983, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e o Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 5 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 1 de abril de 1997, queda redactado así:

«Artigo 5.-Importe da prima.

1. O importe da prima será, de acordo co establecido no artigo 50 do Regulamento (CEE) 3886/1992, de:

-65 ECU por animal, para os animais sacrificados ata o 31 de xaneiro de 1997.

-60 ECU por animal, para os animais sacrificados entre o 1 de febreiro e o 13 de abril de 1997.

-50 ECU por animal, para os animais sacrificados desde o 14 de abril de 1997, incluído.

2. Non obstante o anterior, estes importes serán incrementados nos seguintes casos:

a) Animais sacrificados entre o 20 de xaneiro e o 30 de abril de 1997:

-10 ECU, por canal dun peso non superior a 110 kg.

-5 ECU, por canal dun peso superior a 110 kg. pero non superior a 120 kg.

b) Animais sacrificados entre o 14 de abril e o 30 de xuño de 1997:

-30 ECU, por canal dun peso non superior a 110 kg.

-15 ECU, por canal dun peso superior a 110 kg, pero non superior a 120 kg.

c) Animais sacrificados entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 1997:

-15 ECU, por canal dun peso non superior a 110 kg.

-7,5 ECU, por canal dun peso superior a 110 kg., pero non superior a 120 kg.

O tipo de conversión aplicable ós importes mencionados será o vixente o primeiro día laborable do mes inmediatamente anterior a aquel no que o animal sexa sacrificado.

Non se aboarán primas para animais sacrificados despois do 30 de novembro de 1998».

Disposicións derradeiras

Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

5264