Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Este concello incoou expediente para elixir xuíz de paz titular e substituto.

As persoas interesadas poderán formula-la correspondente solicitude mediante instancia que se pre

sentará no rexistro de entrada do concello, de 9.30 horas a 13.30 horas, durante os vinte días hábiles seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Condicións dos solicitantes, artigos 102, 302 e 303 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial:

-Ser español/a e maior de idade.

-Estar capacitado física e psiquicamente para a función xudicial.

-Non estar condenado por delicto doloso.

-Non estar procesado ou inculpado por delicto doloso.

-Estar no pleno exercicio dos seus dereitos civís.

b) Xunto á instancia achegaranse os seguintes documentos:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central e Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo segundo da Lei 68/1980, no seu punto 1.a) referente a se se encontra inculpado ou procesado.

3. Xustificación de méritos, no suposto de que o solicitante os alegue.

Cambre, 28 de xullo de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

6624